María Nieto Díaz, máis coñecida como María Nieto, nada na Coruña en 1979, é unha xornalista e escritora galega en lingua galega e lingua castelá.
Traxectoria
Estudou Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Ten exercido na radio, na televisión, nas webs, en gabinetes de prensa e finalmente na propia empresa de comunicación.
En 2025 participou no retiro literario Eros en Fisterra, o público elixiu o seu relato «El tacto» como gañador. Obras
Galego
O Corpo en Loitøa (2025). Calacán Editora. Ilustracións de Bruno Díaz Boudín. 80 páxs. ISBN 9791399044317. Poemario que trata da dor, o duelo, a dismorfía corporal, a ansiedade ou a raiba.
Libros colectivos
A sombra do mal. Antoloxía do novo relato galego de misterio (2023). Embora. ISBN 978-84-19853-00-4.
Castelán
Lo que pudo haber sido, lo que es, lo que nunca será (2021). Zasbook. 44 páxs. ISBN 9788418593222. Poesía. Hogar (2023). Aliar Ediciones. 412 páxs. ISBN 978-84-19864-03-1. Novela. Hijas de Lilith (2026). Ediciones Versátil. 336 páxs. ISBN 979-1399221725. Novela de terror cozy, fantasía witchy feminista, con misterio, maxia e drama familiar.
Libros colectivos
Cómo decir te quiero sin palabras. Una animalada de relatos. (2024). En los cuernos de la luna.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1979 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid