dereita|miniatura|300x300px|O xugo e as frechas O xugo e as frechas ou o xugo e o feixe de frechas constitúen unha peza heráldica cuxa orixe se remonta á España dos Reis Católicos. Utilizado como emblema simbólico representando a unión dinástica de Fernando e Isabel, foi empregado polos monarcas católicos seguintes tentando representar unha España unida e o «símbolo das virtudes heroicas da raza».
Foi tamén unha alusión aos nomes dos dous monarcas. O xugo, o emblema persoal de Fernando, comezaba coa letra Y e representaba a Isabel (Ysabel, na escritura de entón) mentres que as frechas, o emblema de Isabel, comezaban con F e lembraba a Fernando. Ademais, o xugo era, pola súa banda, unha alusión á lenda do nó gordiano, do mesmo xeito que o lema «Tanto monta». O feixe de frechas aludía á clásica historia moral que advirte de que as frechas poden romperse por separado, pero todas xuntas son irrompíbeis.
Foi posteriormente adoptado en España por grupos de toda índole, xa no século XX, entre os que destacou Falange Española.
Historia Moitas posesións do Imperio español incorporaron o xugo e as frechas nos seus escudos de armas. Aínda que estes países e territorios xa non forman parte de España, algúns deles conservan este símbolo na súa heráldica, por exemplo, o escudo de armas de Porto Rico e Cidade de Panamá. Ademais, as moedas acuñadas incluían o símbolo polo menos desde o reinado de Xoana I de Castela.Nesmith (1955), p. 38
En época contemporánea, o 24 de xaneiro de 1927, o escritor de extrema dereita Rafael Sánchez Mazas sinalou, nunha conferencia en Santander, a importancia poética do símbolo, que conectaba os Reis Católicos co futuro de España que se proxectaba.
Símbolo de Falange Unha versión máis aceptada sobre a súa adopción oficial polo movemento nacionalsindicalista atribúe a iniciativa a Juan Aparicio López, quen o suxeriu para as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) durante a súa fundación en 1931; dise que, cando era estudante na Facultade de Dereito de Granada, o profesor socialista Fernando de los Ríos lle comentou que, se o fascismo xurdise en España, o xugo e as frechas servirían como o seu símbolo, en contraposición ásfasces. Aínda que tamén, Ernesto Giménez Caballero, na súa obra de 1934 Genio de España, reclama a autoría da idea.
Segundo Ramiro Ledesma, o símbolo do xugo e as frechas foi aceptado por unanimidade tras a fusión, en 1934, das JONS e a Falange Española para formar a Falange Española de las JONS. Ese mesmo ano, atribúeselle a José Antonio Primo de Rivera unha interpretación adicional do símbolo: "o xugo do traballo e as frechas do poder". Respecto da súa importancia histórica, explicou que o xugo representaba o sometemento dos inimigos por parte do rei Fernando e as frechas, a expulsión dos musulmáns por parte da raíña Isabel. Esta variante recibiu popularmente os nomes de "araña" ou "cangrexo".
Durante a Guerra Civil Española, o símbolo empregouse como un dos principais emblemas do bando nacional. Tralo Decreto de Unificación, en 1937, o único partido legal —reorganizado como FET y de las JONS— e o seu símbolo do xugo e as frechas pasou a ser un emblema principal do réxime franquista, chegando mesmo a instituírse a Orde Imperial do Xugo e as Frechas.
Finalmente, foi retirado durante a transición española á democracia, xunto coa Aguia de San Xoán, símbolo que tamén fora apropiado polo réxime.
Na Democracia Tras a morte de Franco e a transición á democracia, deixou de representar a España ou a súa monarquía e pasou a ser considerado, fundamentalemente, un símbolo da extrema dereita, aínda que se mantivo no escudo persoal do rei Xoán Carlos I. En outubro de 2007, coa aprobación da Lei de Memoria Histórica promovida polo presidente José Luis rodríguez Zapatero, as Cortes españolas prohibiron os símbolos franquistas en lugares oficiais, incluído o xugo e as frechas pero o seu cumprimento atopouse con moitos atrancos. En diversos momentos, a oposición afirmou que a lei estaba a "reabrir vellas feridas" e a "negar a España a súa historia".
Ao acceder ao trono español en 2014, o rei Filipe VI deixou de utilizalos no seu escudo persoal.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Simboloxía do franquismo
Categoría:Falanxismo Categoría:Coroa de Castela Categoría:Coroa de Aragón Categoría:Franquismo