Chagchun (en ) é unha cidade da China, a capital e maior centro da provincia de Jilin en Manchuria, ao nordeste do país. Á beira do río Yitong. A municipalidade, de 20.571 km² ten unha poboación de 7 120 000 habitantes, dos que 2 780 000 pertencen á cidade propiamente dita.

Historia

A súa historia é recente. Foi en 1791 cando comezou a colonización polos chineses das terras manchús na área da actual cidade. A súa expansión foi rápida coma nó ferroviario. De 1932 a 1945 foi capital de Manchukuo, o estado monicreque do Imperio Xaponés. Trala segunda guerra mundial converteuse nun importante centro da fabricación de automóbiles e o máis importante da industria cinematográfica chinesa.

Véxase tamén

Categoría:Cidades da China