miniatura|left|A cidade de Port Louis á noite. Dende a súa independencia o 1968, a economía de Mauricio - ata entón unha economía de baixa renda baseada na agricultura - tornouse diversificada, co crecemento dos sectores industriais, financeiros e turísticos. O crecemento anual en case todo o período foi de 5 a 6%. Esta realización notábel reflectiuse nunha distribución de renda máis xusta, no aumento da expectativa de vida, na caída da mortalidade infantil e nunha mellora da infraestrutura do país.

A plantación de cana de azucre ocupa 90% das terras cultivadas e corresponde a 15% do total de exportacións. A estratexia de desenvolvemento do goberno céntrase en expandir institucións financeiras locais na construción dun sistema de telecomunicacións interno. Actualmente o país é sede dunhas 32 mil empresas, a maioría con negocios con Suráfrica, a India e a República Popular da China.

Grazas á implantación dunha zona franca, Mauricio converteuse nun local de importación, beneficiamento e reexportación de produtos. O turismo é outra actividade económica destacada.

Notas