María Teresa Moure Pereiro, nada en Monforte de Lemos o 21 de setembro de 1969,1969... , El Correo Gallego. é unha escritora galega.
Traxectoria miniatura|Entrevista en 2017. É doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Nas eleccións Xerais de 2011 foi candidata do BNG ao Senado, pero non saíu elixida.
En 2022 comezou a dirixir o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC.
Obra en galego miniatura|Teresa Moure no 2009. Novela A xeira das árbores (Sotelo Blanco, 2004). Traducida ao castelán e ao italiano. Herba moura (Xerais, 2005); traducida ao francés (La Morelle noire), catalán (Herba d´enamorar), castelán (Hierba mora), romanés, italiano (Le tre donne di Cartesio), portugués, neerlandés (Nachtschade), serbio e inglés. Benquerida catástrofe (Xerais, 2007); traducida ao castelán (Querida catástrofe, por Eva Carrión, no 2011, en Pulp Books)Ficha do libro na web de Pulpbooks .. A intervención (Xerais, 2010). Traducida ao inglés. Uma mãe tão punk (Chiado Editora, Lisboa, 2014). Ostrácia (Através, 2015). Traducida ao castelán pola propia autora. Um elefante no armário (Através, 2017).
Teatro Unha primavera para Aldara (Deputación da Coruña, 2008, e Xerais, 2009). Reeditado en Xerais, 2026. Cínicas (Universidade da Coruña, 2010).
Literatura infanto-xuvenil A casa dos Lucarios (Xerais, 2007). Eu tamén son fonte. (Galaxia, 2008). Con ilustracións de Leandro Lamas. Traducida ao castelán e ao asturiano no 2009. Mamá, ti si que me entendes! (Galaxia, 2009). Con ilustracións de Leandro Lamas.
Ensaio Outro idioma é posible: na procura dunha lingua para a humanidade (Galaxia, 2005). Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2004. A palabra das fillas de Eva. (Galaxia, 2005). Traducida ao castelán como La palabra de las hijas de Eva en 2007, publicada en Lumen. O natural é político (Xerais, 2008). Ecolingüística: entre a ciencia e a ética (Universidade da Coruña, 2011). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións (Galaxia, 2012). Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2011. Politicamente incorreta (Através, 2014). Linguística Eco- O estudo das línguas no Antropoceno (2020). Através. 202 páxs. ISBN 978-84-16545-29-2. Linguística escreve-se com A. A perspetiva de género nas ideias sobre a linguagem (2022). Através. 326 páxs. ISBN 978-84-16545-67-4.
Poesía Eu violei o lobo feroz (Através, 2013).
Tradución Lilus Kikus, de Elena Poniatowska (Trifolium, 2012).
Obras colectivas Vivir en Galicia (Xunta de Galicia, 2006). Con fotografías de Xurxo Lobato. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais). II Encontro Cidade da Coruña. Mulleres na literatura (2010). Lingua e xénero. VI Xornadas sobre lingua e usos (2010, Universidade da Coruña). 15-M: O pobo indignado (2011, Laiovento). Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia). O Dia da Toalha na Galiza (2014, Através). 1975-2015 Moncho Reboiras Vive! (2015, Arredista Edicións). Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017, Através). Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.
Obra en castelán Ensaio La alternativa no discreta en lingüística: una perspectiva histórica y metodológica (Universidade de Santiago de Compostela, 1996). La lingüística en el conjunto del conocimiento: una mirada crítica (Tris Tram, 2001). Universales del lenguaje y linguo-diversidad (2001, Ariel). Linguística Eco. O estudo das línguas no antropoceno (2019). Através Ed. 220 páxs. Lingüística se escribe con A. La perspectiva de género en las ideas sobre el lenguaje. Madrid: Libros de la Catarata. ISBN: 978-84-1352-166-4
Narrativa La jornada de las mujeres-árbol (Ronsel, 2006).
Premios Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey en 2004, por A xeira das árbores. Premio Arcebispo Xoán de San Clemente en 2005, por A xeira das árbores. Premio de ensaio Ramón Piñeiro en 2004, por Outro idioma é posible. Finalista do Premio de ensaio Ramón Piñeiro en 2005, por As palabras das fillas de Eva. Premio Xerais de novela en 2005, por Herba moura. Premio Irmandade do Libro á autora do ano en 2005, por Herba moura. Premio AELG de narrativa en 2005, por Herba moura. Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005, por Herba moura. Premio da Crítica de narrativa galega en 2005, por Herba moura. Premio de teatro Rafael Dieste en 2008, por Unha primavera para Aldara. Premio AELG de teatro en 2008, por Unha primavera para Aldara. Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2009, por Unha primavera para Aldara. Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2011, por Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infanto-xuvenil traducido no 2012, por Lilus Kikus, de Elena Poniatowska. 2020: XI Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación por "Com A de linguistA".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Biografía na páxina web de Edicións Xerais de Galicia