Para o grupo británico dos anos 60, vexa The Zombies.
Os Zombies foron un grupo de pop español de comezos dos anos 80.
O grupo foi fundado polo precoz Bernardo Bonezzi (Madrid, 1964), quen xa antes dos catorce anos capitaneara un proxecto musical chamado Morbus Acre e formara parte do grupo seminal da movida madrileña Kaka de Luxe. Os Zombies axuntaban influencias do glam rock (Lou Reed, David Bowie, Eno) e da New Wave (Talking Heads, The B-52's). Ficharon por RCA, quen editou o primeiro single do grupo, a pegadiza "Groenlandia", canción que aínda hoxe segue figurando entre as máis coñecidas do pop español dos 80, presente en numerosas recompilacións da música da época.
Alentados polo éxito do single, gravaron o seu primeiro álbum, Extraños juegos, un dos discos de pop con máis éxito daqueles anos. Con todo, trala publicación do segundo LP do grupo, La muralla china, Bonezzi decidiu abandonar o grupo para dedicarse a outros proxectos.
Discografía
LPs
Extraños juegos (RCA, 1980) La muralla china (RCA Víctor, 1982)
Singles
"Groenlandia"/"La venganza de Cthulhu" (RCA, 1980) "No puedo perder mi tiempo"/"Contacto en Zurich" (RCA, 1981) "La muralla china"/"Ngwame'Ngaa" (RCA, 1981)
Véxase tamén Bibliografía Ordovás, Jesús: Historia de la música pop española. Alianza, 1987. ISBN 84-206-0224-8. Varios Autores: Guía Esencial de la Nueva Ola Española. Rock Indiana.
Ligazóns externas Zombies biografía e críticas de discos en Lafonoteca.net
Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Movida madrileña Categoría:Grupos musicais formados en 1980 Categoría:Grupos musicais separados en 1981