Santa María de Castrelos de Cima (até 2026, Castrelo de Cima (Santa María), tamén coñecido como Castrelos de Riba) é unha parroquia do municipio do Riós. Comprende as aldeas de Castrelos de Cima, Covelas, As Lapedas (desaparecida), O Mourisco, San Paio e A Veiga do Seixo, limitando directamente esta última coa fronteira portuguesa. Segundo o IGE, en 2023 tiña 110 habitantes (58 homes e 52 mulleres).
Clima e contorno
dereita|miniatura|Igrexa parroquial.
A parroquia, como todo o concello do Riós, posúe un marcado clima mediterráneo de montaña e aloxa algunhas especies de flora como a aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), o terebinto (Pistacia terebinthus), ou o pradairo de Montpelier (Acer monspessulanum), e de fauna, coma o abellaruco europeo (Merops apiaster), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), a gaio azul (Coracias garrulus) ou a osga (Tarentola mauritanica), especialmente raras en Galicia.
Historia A primeira referencia escrita da que se ten constancia sobre Castrelos de Cima atópase na Casa de Contratación no Archivo General de Indias. A partir do descubrimento de América a Casa de Contratación era o organismo encargado, entre outras funcións de organizar as primeiras expedicións a América. Nun documento datado do 23 de marzo de 1615 menciónase a un tal Juan Rodríguez, fillo de Juan Esteban e Inés Rodríguez, "natural de Castrelos de Cima", que viaxa ao Perú como criado de Pedro Enríquez de Guzmán, capitán da garda de Francisco de Borja. Posiblemente se tratase da primeira persoa de Castrelos que viaxou ó Novo Mundo.Código de Referencia ES.41091.AGI/16404.42.3.139//CONTRATACION,5346,N.12
Entre 1812 e 1835 Castrelos de Cima formou parte do concello de Castrelos, sendo a sede do concello, pero a partir de 1835 pasou a formar parte do concello do Riós, que xurdiu coa unión dos anteriores concellos do Riós e Castrelos.
O topónimo de Castrelos ("pequenos castros"), así como algúns obxectos atopados nos arredores da poboación, poderían indicar unha continua presenza humana desde época romana. O topónimo é compartido pola parroquia veciña de Castrelos de Abaixo.
Monumentos A igrexa parroquial de Santa María de Castrelos de Cima foi construída no século XVIII. O retablo, da mesma época, rodea a figura de madeira da patroa e unha cruz procesional do século XVII. Foi restaurado no ano 2005.
Festas e tradicións
dereita|miniatura|Vellarón.
As festas celébranse en torno os días 7,8, e 9 de setembro en honor de Nosa Señora dos Remedios, patroa da parroquia. Na festa celébrase o ritual da Queimada, instaurado na década de 1970 e que constitúe un intento de recuperar e ensalzar unha serie de costumes e festividades autóctonos, á vez que se impulsaban as festas patronais, polo que se celebra o terceiro e último día das festas.
Existía un entroido tradicional con máscaras e traxes típicos (vellarróns) en Castrelos de Cima e na Veiga do Seixo, aínda que desapareceron hai varias décadas. O concello do Riós patrocina a recuperación destes traxes no marco do entroido da comarca de Verín.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Castrelos de Cima
Parroquias do Riós
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Riós
Ligazóns externas Páxina de Castrelos de Cima
Categoría:Parroquias do Riós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María