Howlin' Pelle Almqvist, nado en Fagersta (Västmanlands län) o 29 de maio de 1978, é un músico sueco, vocalista da banda The Hives. Ao igual que o resto da banda, Almqvist procede de Fagersta, unha pequena vila do centro de Suecia duns 11.000 habitantes.

Traxectoria Pelle e o seu irmán Nicholaus formaron a banda en 1993, e, segundo a biografía da banda, chamaron a atención do promotor e compositor Randy Fitzsimmons (que durante tempo se pensou que era unha personaxe ficticia), que impulsou á banda cara a fama.

Almqvist é coñecido pola súa enerxía sobre o escenario, e a súa posta en escena fíxolle gañar á banda o título de "mellor banda en directo do mundo" pola Spin Magazine, que tamén coloca a Almqvist na súa lista dos "50 mellores líderes de todos os tempos". Algunhas das súas postas en escena inclúen o mesturarse co público, subirse aos amplificadores ou a escaleiras e dicir parvadas entre as cancións. Por exemplo, durante o Big Day Out Festival en Sidney no 2005, Pelle díxolle á audiencia "Bad music is the devil and I will be your exorcising priest, helpin' you out!" (a mala música é o demo e eu serei o voso exorcista, axudando a expulsalo!). No final dun concerto, díxolle ao público, "Thank you for flying Hives Airlines. We hope you had a great flight and decide to return again soon!" (Grazas por voar nas aeroliñas Hives. Agardamos que tivésedes un bo voo e decidades volver cedo!).

Categoría:Cantantes de Suecia Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Fagersta Categoría:Membros de The Hives