dereita|miniatura|Cruceiro.
San Miguel de Progo é unha parroquia do concello ourensán do Riós. Segundo o IGE en 2023 tiña 138 habitantes (70 homes e 68 mulleres), 123 menos ca en 1999. Ten catro entidades de poboación: Progo, San Pedro de Pousada, Santa Baia e Vilariño das Touzas.
Xeografía A parroquia está situada sobre unha extensa chaira aproveitada para a gandaría, e dispón de varios soutos de castiñeiros.
Patrimonio A igrexa de San Miguel de Progo é de cantería no exterior, con espadana de dous vans e adorno de pináculos, seguindo un modelo común entre as igrexas da comarca. Posiblemente foi construída no século XVIII, aínda que se descoñece a data exacta da súa construción. A igrexa posúe un cáliz coa inscrición: Pedro Pérez, veciño de Córdoba, deu este cáliz para San Pedro de Posada, ano de 1745.
Xunto co cruceiro do Riós, o cruceiro de Progo é un dos dous que existen en todo o concello. Ten tres chanzos, capitel moldurado e acabado en pedra florenzada.
Lugares e parroquias Lugares de Progo
Parroquias do Riós
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Riós
Categoría:Parroquias do Riós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel