Hugo Alvar Henrik Aalto, nado en Kuortane o 3 de febreiro de 1898 e finado en Helsinqui o 11 de maio de 1976Biografía e obras de Alvar Aalto en epdlp.com ., foi un arquitecto e deseñador finlandés.
Traxectoria Fillo dun enxeñeiro agrícola. Estudou arquitectura na Universidade Tecnolóxica de Helsinqui (1916-1921). Abriu o seu primeiro estudio en 1923 en Jyväskylä. En 1924 casou coa tamén arquitecta Aino Marsio. A viaxe de vodas a Italia supuxo o encontro coa cultura mediterránea que tanta influencia tería na súa obra. En 1927 trasladouse a Turku onde construíu a sede do xornal que converte no seu manifesto arquitectónico. Posteriormente fixou a súa residencia en Helsinqui.
En 1940 trasladouse ós Estados Unidos, onde foi profesor de arquitectura no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). No 1950 volveu a Finlandia, despois da morte da súa muller.
Aalto tamén deseñou mobles e cristais. Defensor do funcionalismo e da arquitectura orgánica. Os seus edificios intégranse harmoniosamente na paisaxe, co que forman un todo arquitectónico, a madeira e o ladrillo foron os materiais preferidos. Deseñou 200 proxectos dos que a metade foron realizados.
O Museo finlandés de Arquitectura e a Asociación Finlandesa de Arquitectos (SAFA) estableceu en 1967 o Premio Alvar Aalto na súa honra. miniatura|Alvar Aalto nun selo publicado en 1976. Obras destacadas miniatura|Auditorio da Univesidade Tecnolóxica de Helsinqui. miniatura|Igrexa de Seinäjoki 1960. Arquitectura Sanatorio de Paimio 1928-1929. Edificio do xornal Turun Sanomat, 1928-1930. Hospital de Zagreb 1931. Biblioteca de Viipuri 1927-35. Biblioteca de Vyborg 1933-35. Cidade de Sunila, 1934-35. Pavillón de Finlandia na Exposición de París, 1937. Vila Mairea en Noormarkku 1937-1939. Pavillón de Finlandia na Exposición de Nova york, 1939. Casa Baker (Residencia universitaria), Cambridge, Massachusetts 1947-48. Universidade Tecnolóxica de Helsinqui, en Espoo 1949-1966. Casa do concello de SäynätsaloFicha, fotografías e planos do concello de Säynätsalo en greatbuildings.com . 1950-52. Casa da Cultura, Helsinqui 1952-58. Museo de Aalborg 1958-62. Igrexa de Vouksenniska 1959. Ópera de Essen 1964. Biblioteca Rexional de Laponia, Rovaniemi 1965. Palacio Finlandia en Helsinqui 1970-71.
Obxectos e mobiliario miniatura|175px|Cadeira deseñada por Alvar Aalto. Banqueta Y-leg Stool, producido por Artek (1946-1947). Banqueta Model No. 60 y 69, porducido por Artek (1932-1933). Hamaca Model No. 43 e cadeira Model No. 406, producido por Artek (1936). Cadeira "Paimio" o Model No. 41, producido por Artek (1930-1931). Cadeira Model No. 31, producido por Artek (1931-1932.
Premios Medalla de Ouro do RIBA en 1957. Medalla de Ouro do AIA en 1963.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Alvar Aalto Fundation Páxina web oficial da Fundación Alvar Aalto . Alvar Aalto's Savoy Vase (1936)
Categoría:Arquitectos do Movemento Moderno Categoría:Arquitectos de Finlandia do século XX Categoría:Nados na rexión de Ostrobotnia do Sur Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Deseñadores industriais