Santa María de Perrelos é unha das parroquias do concello de Sarreaus. Está a 1,5 km do núcleo de Sarreaus e a 9 de Xinzo de Limia.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 76 habitantes (40 homes e 36 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 114 habitantes.

Patrimonio Entre os lugares de interese está o penedo do Arangaño, unha rocha da que se cría tiña poderes máxicos para curar enfermidades dos nenos (véxase tangaraño), e mais unha igrexa románica cun arco triunfal de medio punto bastante ben conservado e unha imaxe barroca de Santa Lucía no retablo.

Festas A festa parroquial é na honra de San Bartomeu, e celébrase en agosto.

Lugares e parroquias Lugares de Perrelos

Parroquias de Sarreaus

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sarreaus Ligazóns externas Lenda do penedo do Arangaño

Categoría:Parroquias de Sarreaus Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María