Torrelavega é un concello español situado na comunidade autónoma de Cantabria. É a capital da comarca do Besaya e a segunda cidade máis poboada de Cantabria, ademais dun importante núcleo industrial e comercial.

Xeografía miniatura|esquerda|Pico Dobra, desde Viérnoles, punto máis alto de Torrelavega Situase a uns oito quilómetros da costa cantábrica, a 27,5 quilómetros de Santander (capital da comunidade). A cidade é a capital da comarca do Val do Besaya, á que tamén pertencen os concellos de Cartes, Los Corrales de Buelna, Cieza, Arenas de Iguña, Bárcena de Pie de Concha, Molledo, Anievas e San Felices de Buelna.

A cota máxima é de 606 metros e, a cota mínima, de 12 metros. Ten de área 35,54 km2, ocupando o posto 57 en canto a municipios por superficie en Cantabria.

Destacan o río Saja e o río Besaya. Ambos ríos forman a principal conca hidrográfica de Cantabria. En Torrelavega o Saja recibe as augas do Besaya para logo desembocar na ría de San Martín de Arena de Suances.

Limita polo norte con Santillana del Mar, Suances e Polanco, polo leste con Piélagos e Puente Viesgo, polo sur con Los Corrales de Buelna e San Felices de Buelna, e polo oeste con Reocín e Cartes.

Localidades Barreda Campuzano Duález Ganzo La Montaña Sierrapando Tanos Torrelavega (capital) Torres Viérnoles

Historia Foi fundada a finais do século XIII por Garci Lasso I de la Vega, Adiantado Maior de Castela, en nome de Afonso XI.

O seu nome actual é a contracción que, co paso do tempo, se produciu do epónimo da casa que construíu na zona Leonor de la Vega, filla de Garci Lasso II de la Vega e nai do Marqués de Santillana, para administrar os impostos e os privilexios do seu territorio.

Torrelavega era un centro gandeiro de importancia para Castela dende tempos remotos. "O aumento de poboación e o progreso da súa industria" merecéronlle en 1895 o título de cidade, concedido pola entón rexente María Cristina de Borbón.

Demografía

A poboación do concello é de 55.947 habitantes segundo o censo de 2009, (INE 2009), polo que un 9,5% dos cántabros viven en Torrelavega. A súa tendencia demográfica está estancada desde o ano 2000, dado a unha baixa natalidade e a un progresivo envellecemento da poboación, que son compensados con fluxos migratorios que se dan desde os comezos dos noventa. Desde 1991, Torrelavega perdeu un 6,8% da poboación, isto é, 4.113 habitantes.

Ademais, a escaseza e subsecuente carestía das vivendas no núcleo urbano desenvolveu nun proceso de periurbanización ou desprazamento da poboación para os concellos do contorno, en especial ós eixes conurbanos Torrelavega-San Felices de Buelna, que aumentou a súa poboación nun 2,86 %, Torrelavega-Cartes (1,47 %), Torrelavega-Los Corrales de Buelna (1,44 %) e Torrelavega-Suances (2,84 %), sendo o aumento demográfico en Torrelavega do 0,82 % entre 2002 e 2003, e un retroceso do 0,15% entre 2005 e 2006. Torrelavega é o segundo concello máis poboado de Cantabria. Evolución demográfica del municipio (1900-2009) 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007 2008 2009 7.777 9.574 12.960 15.933 19.315 23.728 31.021 42.945 55.786 59.997 56.189 55.418 55.910 55.947 Fonte: INE

Monumentos Casa de Velarde, en Viérnoles, declarada Ben de Interese Local. Edificio do Colexio de “Nuestra Señora de La Paz”, en Torrelavega, ben inventariado . A súa fachada é obra de José María Subirachs. Unha das Locomotoras de Vapor ("Udías, María, Revilla, Peñacastillo, Reyerta e Begoña 3"), en concreto a locomotora María, no Almacén do Concello de Torrelavega. Ben inventariado. Monumentos relixiosos miniatura|180px|Fachada da igrexa da Virxe Grande, 1964 miniatura|180px|Glorieta do bulevar ronda, en Nova Cidade, con escultura Oteando, de Miquel Navarro A igrexa neogótica da Asunción (1892), que alberga o Cristo da Agonía e a da Virxe Grande (ou igrexa Nova), contemporánea e racionalista, inaugurada en 1964, coa súa bóveda en estrela, obra de Luis Moya Blanco. A súa patroa conmemorase o 15 de agosto. O Convento dos Santos Reis S. Luis e S. Fernando das Nais Carmelitas, en Sierrapando. A ermida de Santa Ana, en Tanos. A súa patroa conmemórase o 26 de xullo.

Monumentos civís

O palacio de Demetrio Herrero, construído en 1888 e actual sede do Concello e, nun grao máis modesto, a Praza Maior, cos seus soportais. Tamén é de destacar a Fonte de Catro Caños, lugar de paso das rondas marceiras protagonizadas polo Coro Ronda Garcilaso na festa do Primeiro de Marzo. A Casona dos Condes de Torreanaz. A Casona Calderón (ou dos Mártires). Cabe destacar tamén o conxunto monumental de Viérnoles, formado por palacios e casonas dos séculos XVII ao XIX. A Praza de Abastos. A Fábrica La Lechera, sede actual da Feira de Mostras de Cantabria. A estación de ferrocarrís FEVE. A estación de ferrocarrís RENFE en Tanos. A ponte Espina, que dá acceso a Viérnoles desde Tanos. A ponte Roja, en Tanos. O mercado nacional de ganados.

Esculturas

Na última década fóronse colocando en espazos públicos diversas esculturas contemporáneas. Destaca o conxunto localizado na estrada de circunvalación, chamado "bulevar ronda":

Oteando, de Miquel Navarro, é o exemplo máis coñecido. Saiva nova, de Lucio Marcos Pernía, na praza de La Llama. Alegorías do traballo, a minería e a emigración, de Jesús González de la Vega. Catro cadros, de Chema Alvargonzález. Sen título, de Adolfo Schlosser. A miña casa en Torrelavega, de Jaume Plensa, coñecida popularmente como a pajarera. Paneis metálicos, instalación de José Pedro Croft. Fonte de Granito, de Juan Asensio.

Festas

As festas da Patroa celébranse durante uns dez días a mediados de agosto e, nelas, pode asistirse, por exemplo, ó Desfile de Carrozas da Gala Floral (declarada de Interese Turístico Nacional). A festa de San Ciprián, Festa de Interese Turístico Rexional que se celebra o 16 de setembro, con romaría incluída no alto do mesmo nome. A última noite do mes de febreiro celébranse as Marzas, que conmemora a chegada da primavera. O 3 de febreiro teñen o San Blas na localidade de La Montaña. O 23 de abril celebran o San Xurxo na localidade de Viérnoles. O 10 de maio celébrase o San Migueluco na localidade de Campuzano. O 22 de maio a Santa María en Barreda. O 26 de xullo a Santa Ana en Tanos. O 5 de agosto a Nosa Señora das Neves en Tanos. No inicio de outono fan a Magosta nas localidades de Ganzo, Barreda e Viérnoles, como tamén en barrios torrelaveguenses como Covadonga e La Inmobiliaria. O 8 de setembro celébrase a Virxe do Milagre na localidade de Torres.

Medios de comunicación Prensa escrita O Diario Alerta, que ten a súa sede en Peñacastillo, en Santander, cobre cunha sección a actualidade da cidade.

El Diario Montañés, ten o seu Suplemento Veciños de Torrelavega, ademais dunha correspondente sección informativa sobre a cidade diariamente en cada exemplar do xornal.

Radio

Radio Nacional de España en Torrelavega SER Torrelavega RtvTanos

Televisión

A televisión de Torrelavega pasou no 2005 de chamarse Vegavision a chamarse TÚ Television que retransmitía en analóxico en parte de Cantabria, e nas plataformas dixitais. Cesou as súas emisións a finais do 2008 comezos do 2009. Actualmente funciona unha nova televisión de cobertura en toda a comarca, TCBtelevisión (Tele Comarca del Besaya), que iniciou as súas emisións o 1 de outubro de 2009.

Axencia de prensa Agencia EFE, Axencia EFE, delegación en Torrelavega.

Véxase tamén