A herba dos bofes ou pulmonaria (Pulmonaria officinalis) é unha planta herbácea perenne da familia das boraxináceas (Boraginaceae), de follas pecioladas e flores en acios. Atópase nos claros dos bosques, nas zonas avesías. Utilízase en forma de infusión para o tratamento da tose, bronquite e dores de gorxa e afonía, ademais ten poder antiinflamatorio xa que contén salicina.
O nome botánico Pulmonaria deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpatética, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados, e por iso utilízase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como no galego: herba dos bofes (pulmóns dos animais), no inglés "lungwort", e no alemán "lungenkraut". Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, por exemplo en ruso "medunitza" ou en polonés "miodunka".
Distribución e hábitat Espállase polo centro e occidente de Europa en zonas húmidas de cavorcos, abas, bosques de ribeira, noiros de camiños, terreos hermos e en bosques. Na Península Ibérica está amplamente espallada por todo o territorio en zonas húmidas até os altos vales dos Pireneos e doutras montañas
thumb|150px|Pulmonaria officinalis detalle das flores.
Principios activos Mucílagos; poligalacturonanos, arabinogalactanos, ramnogalacturonanos. Flavonoides: rutósido, isoquercitrósido, quercitrinósido, astragalósido, e os seus aglucons (quercetol e kaempferol). Alantoína. Rosaponina. Ácidos fenólicos (ácido ascórbico, ácido silícico, sales de potasio e calcio. Taninos. Alcaloides pirrolizidínicos.
Virtudes As partes aéreas da planta en floración apáñanse con fins medicinais (sumidades floridas e follas) cortándoas un pouco por riba do nivel do chan e se enxugan a unha temperatura non superior aos 45 °C.
Úsase en forma de infusión para o tratamento da tose, tose ferina, bronquite e as dores de gorxa e rouquén. Ademais é sudorífica, antiinflamatoria e diurética. A decocción ao 10 % emprégase coma desinfectante, emoliente e antiinflamatoria de feridas.
O cocemento dun bo feixe da planta deixando que ferva un cuarto de hora, tómase en catro cuncas ao día para facilitar a expectoración e fluidificar os esgarros.
Tamén se recomenda nas diarreas, hemorroides e afeccións da vexiga urinaria.
Historia Esta planta, como outras que medran no Centro e Occidente de Europa, non figuran nos escritos da antigüidade. A primeira noticia sobre ela dáa Mattioli na súa obra na edición de 1548.
Taxonomía Pulmonaria longifolia foi descrita por (Bastard) Boreau e publicada en Fl. Centre France, ed. 3 [Boreau] 2: 460. 1857
Citoloxía
Número de cromosomas de Pulmonaria longifolia (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=14Estudio cariológico de Boraginaceae españolas. IV. Luque, T. (1989) Bol. Soc. Brot. ser. 2 62: 211-220
Etimoloxía
Pulmonaria; nome xenérico que deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpática, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados e, polo tanto, utilizábase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como en inglés "lungwort", en alemán "lungenkraut", ou en galego "herba dous bofos" (pulmóns dos animais). Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, e.x. en ruso "medunitza" e en polaco "miodunka".
longifolia: epíteto latíno que significa "con grandes follas"En Epítetos Botánicos
Sinonimia
Pulmonaria angustifolia auct. pro parte, non L. Pulmonaria angustifolia L. subsp. longifolia (Bastard) P.Fourn. Pulmonaria vulgaris auct. pro parte Pulmonaria vulgaris Mérat pro parte
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Pulmonaria Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné