Hildibaldo (tamén chamado Ildebaldo ou Ildebad), finado en 541, foi un rei dos ostrogodos en Italia, elixido para substituír a Vitixes, que fora capturado e levado a Constantinopla polo xeneral bizantino Belisario.

Traxectoria Hildibaldo reinou soamente un ano antes de ser matado por un xépido nun banquete no palacio. Logo dun breve período baixo Erarico, sucedeuno o seu sobriño Tótila.

Hildibaldo era en realidade un visigodo, sobriño dun dos reis visigodos de Hispania.

Categoría:Reis dos ostrogodos Categoría:Finados en 541