Margaret Thatcher, Baronesa Thatcher (de solteira Margaret Hilda Roberts), nada en Grantham o 13 de outubro de 1925 e finada en Londres o 8 de abril de 2013"Muere Margaret Thatcher a los 87 años", artigo en La Vanguardia, 8 de abril de 2013 ., foi unha política británica que chegou a ser primeira ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990.

Thatcher foi a primeira ministra británica co mandato máis longo desde William Gladstone, e ten o período continuo máis longo no ministerio desde Lord Liverpool a principios do século XIX. Tamén é a única muller, xunto con Theresa May, que serviu como Primeira Ministra, unha das dúas únicas en liderar un partido político importante no Reino Unido ou ter unha das catro Great Offices of State (postos principais dun goberno). Margaret Thatcher foi unha das políticas británicas máis significativas na historia política recente do Reino Unido e globalmente. Tamén foi unha das políticas que máis divisións creou, sendo eloxiada e detestada desde as diferentes partes do espectro político.

Traxectoria Primeiros anos e educación Margaret Hilda Roberts naceu na localidade de Grantham, en Lincolnshire, Inglaterra. O seu pai era Alfred Roberts, quen posuía unha tenda de consumibles na vila, estaba en activo na política local (servindo como concelleiro), e foi un metodista laico. Roberts viña dunha familia liberal pero permaneceu —como era costume no goberno local— como independente. Perdeu o seu posto de concelleiro en 1952, despois de que o partido Laborista gañase a súa primeira maioría municipal en Grantham en 1950. A súa nai foi Beatrice Roberts (nada Stephenson) e tivo unha irmá, Muriel (1921-2004). Thatcher creceu como unha devota metodista e permaneceu cristiá durante toda a súa vida.Artigo en www.wathcesa.com .

Thatcher formouse academicamente na escola feminina Kesteven e, subsecuentemente, foi á institución educativa de Somerville College, na Universidade de Oxford en 1944 para estudar química. Converteuse en presidenta da Asociación Conservadora da Universidade de Oxford en 1946, a terceira muller en acceder ao posto. Acadou un grao de segunda clase e traballou como investigadora química para British Xylonite e despois para J. Lyons and Co., onde axudou a desenvolver métodos para a conservación de xeados. Tamén foi membro da Asociación de Traballadores Científicos.

Carreira política entre 1950 e 1970 Nas eleccións xerais do Reino Unido de 1950 e 1951, Margaret Roberts loitou con Dartford por unha praza laborista, e foi nese momento a muller conservadora máis nova candidata ao ministerio. Mentres militaba no partido conservador en Kent, coñeceu a Denis Thatcher, un alto executivo da industria petrolífera, co que casou en 1951. Denis pagou os estudos da súa muller como barrister (avogada en dereito tributario). Margaret licenciouse como avogada en 1953, o mesmo ano en que naceron os seus fillos xemelgos Carol e Mark Thatcher.

Entón Thatcher empezou a buscar un escano conservador seguro (o seu marido xa era membro), mais foi rexeitada por pouco como candidata por Orpington en 1954. Houbo algúns rexeitamentos máis antes de ser seleccionada por Finchley en abril do 1958. Gañou facilmente o escano nas eleccións do 1959 e tomou posesión do seu escano na Cámara dos Comúns. Inusualmente, no seu primeiro discurso tivo o apoio dos membros privados nun proxecto de lei para forzar que os concellos locais mantivesen meetings en público, o cal prosperou. En 1961 foi en contra da liña de voto do seu partido para a restauración do azoutamento.

Axiña, Margaret foi promovida á parte visible dos escanos como secretaria parlamentaria no Ministerio do Estado para Asuntos Sociais en setembro do 1961, retendo o posto ata que os conservadores perderon poder nas eleccións do 1964. Cando Sir Alec Douglas-Home dimitiu, Thatcher votou nas eleccións polo liderado do Partido Conservador a Edward Heath en lugar de Reginald Maudling e foi premiada co cargo de portavoz conservador. Sagazmente adoptou a política de vender casas municipais aos seus inquilinos que foi desenvolvida polo seu colega James Allason.The Hot Seat, James Allason, Blackthorn, London 2006.

Thatcher foi un dos poucos membros do parlamento en apoiar a proposición de Lei de Leo Abse para descriminalizar a homosexualidade, e votou a favor da proposición de Lei de David Stell para legalizar o aborto. Mostrouse en contra da pena capital e votou en contra de facer os divorcios máis fáciles e alcanzables. Labrou a súa carreira como interlocutora en conferencias en 1966, cun ataque duro ás políticas de elevados impostos do goberno laborista, facendo avances «non só contra o socialismo, senón en contra do comunismo». Gañou a promoción no gabinete na sombra como interlocutora de combustibles en 1967, despois foi promovida a transportes e finalmente a educación antes das eleccións do ano 1970.

No gabinete de Edward Heath Cando o partido conservador, baixo o mandato de Edward Heath, gañou as eleccións xerais de 1970, Thatcher converteuse na Secretaria do Estado para Educación e Ciencia. No seu primeiro mes no ministerio, forzou á Administración a cortar o orzamento de educación. Suprimiu o leite gratuíto ao alumnado de entre sete e once anos (os laboristas xa aboliran o leite na escola secundaria), o que produciu unha onda de protestas. Isto conduciu a un dos seus pouco favorecedores alcumes: «Maggie Thatcher, Milk Snatcher (Maggie Thatcher a rouba-leite)». Os documentos do gabinete mostran que ela falaba en contra do movemento dentro de gabinete, pero foi forzada a responsabilizarse dos conceptos do colectivo para apoiar as posturas dos seus ministrosartigo en BBC.co.uk ..

O seu mandato destacou polo aumento das propostas das autoridades educativas locais para pechar as grammar schools e adoptar un sistema integral de educación secundaria, ata cando isto era visto como unha política de esquerdas. Thatcher salvou a Universidade Aberta da súa abolición. O chanceler Anthony Barber quería abolila como unha medida de recorte de orzamento, o que foi visto por Harold Wilson como un truco publicitario. Thatcher cría que era unha forma barata de estender a educación maior e insistía en que a universidade debería experimentar admitindo estudantes que saían das escolas de adultos. Nas súas memorias, Thatcher escribiu que ela non era parte do círculo próximo de Heath, e que non tiña influencia nas claves das decisións gobernamentais de fóra do seu departamento.

Logo da derrota dos conservadores nas eleccións do 1974, foi trasladada de novo á secretaría de medio ambiente na oposición. Nesta posición, prometeu abolir o sistema existente de recollida de impostos, que servían para pagar os servizos do goberno local, o que resultou unha política popular dentro do partido conservador. Thatcher estaba de acordo con Sir Keith Joseph e o Centro de Estudos para a Política en que o goberno de Heath perdera o control da política monetaria —e tiña un rumbo incorrecto—, o que seguiu co seu cambio de política en 1972. Despois de que o seu partido perdese as segundas eleccións de 1974, Joseph decidiu arrebatar o liderado a Heath, aínda que máis tarde se retirou. Entón Thatcher decidiu que debería entrar na carreira para liderar o partido conservador en 1975 en nome da facción de Joseph e o Centro de Estudos para a Política. Inesperadamente na primeira votación gañou a Heath, forzándoo a dimitir do liderado. Nunha segunda votación, derrotou ao sucesor preferido de Heath, William Whitelaw, por 146 votos a 79, e converteuse na líder do partido conservador o 11 de febreiro de 1975. Thatcher nomeou a Whitelaw como o segundo de a bordo. Heath permaneceu resentido con Thatcher ata o final da súa vida polo que percibiu como unha deslealdade cara a el.

Como líder da oposición O 19 de xaneiro de 1976, nun discurso no concello de Kensington, Thatcher fixo un feroz ataque á Unión Soviética. A parte máis famosa do seu discurso di:

En resposta, o diario do ministro de defensa soviético Krasnaya Zvezda ("Estrela vermella") deulle o alcume de dama de ferro, o cal foi rapidamente publicitado por Radio Moscow. Thatcher deleitouse co sobrenome e pronto se converteu nunha asociación coa súa imaxe de carácter inquebrantable e firme.

Thatcher nomeou moitos dos seguidores de Heath ao gabinete da oposición, durante todas as súas administracións buscou ter un gabinete que reflectise o amplo rango de opinións que había no partido conservador. Isto foi verdadeiramente certo no período entre 1976 e 1979 no que ela gañou o liderado como unha candidata segundoxénita e tiña pouco poder de base por ela mesma dentro do partido. Thatcher tiña que actuar con cautela para converter o partido conservador ás súas crenzas monetaristas. Reservouse o soporte de Heath para a devolución do goberno para Escocia. Nunha entrevista en Selecta Television no programa World in Action en xaneiro do 1978, ela dixo «a xente está realmente preocupada por se este país pode ser alagado por xente cunha cultura diferente», xurdindo unha controversia particular naquel tempoArquivo en www.margaretthatcher.org .. Recibiu 10 000 cartas de agradecemento por sacar o tema e os conservadores gañaron aos laboristas nas enquisas de opinión: para ambos os partidos o 43% antes do discurso, un 48% para os conservadores e un 39% para os laboristas inmediatamente despoisJohn Campbell, Margaret Thatcher: The Grocer's Daughter (Jonathan Cape, 2000), p. 400..

Durante as eleccións xerais do ano 1979, a maioría das enquisas de opinión mostraban que os votantes preferían a James Callaghan como Primeiro Ministro ata cando o partido conservador se mantiña como líder nas enquisas. O goberno laborista tiña dificultades coas disputas industriais, as folgas, o alto desemprego e o colapso dos servizos públicos durante o inverno do 1978-1979, alcumado como «o inverno do malestar». Os conservadores usaron pósters durante a campaña con slogans como «o laborismo non está funcionando» para atacar o récord do goberno en materia de desemprego e a súa regulación do mercado laboral.

O goberno laborista de James Callaghan perdeu unha moción de confianza en marzo de 1979 e nas eleccións xerais de 1979 os conservadores gañaron a maioría de 44 escanos na Cámara dos Comúns e Margaret Thatcher converteuse na primeira muller do Reino Unido en ser Primeira Ministra. Ao chegar ao 10 de Downing Street, dixo unha cita de San Francisco de Asís:

Como primeira ministra 1979-1983 Thatcher converteuse na primeira muller en ser primeira ministra do Reino Unido o 4 de maio de 1979, cun mandato para inverter o declive económico do país e reducir o papel do Estado na economía. Thatcher estaba indignada polo punto de vista contemporáneo dos funcionarios, xa que o seu traballo foi para manexar o declive económico do Reino Unido desde os días do Imperio Británico, e quería que o país se afirmase nun nivel máis alto de influencia e liderado en relacións internacionais. Compartía filosofía con Ronald Reagan, elixido en 1980 nos Estados Unidos, e en menor grao con Brian Mulroney, quen foi elixido en 1984 en Canadá. Parecía durante bastante tempo que o conservadorismo podería ser a filosofía dominante na maioría dos países de fala inglesa nese momento.

miniatura|300px|esquerda|Ronald Reagan e Margaret Thatcher na Casa Branca o 16 de novembro de 1988.

En maio de 1980, un día antes de se reunir co Taoiseach irlandés, Charles Haughey, para discutir sobre Irlanda do Norte, anunciou na Cámara dos Comúns que «o futuro dos asuntos constitucionais de Irlanda do Norte é cousa da xente de Irlanda do Norte, o seu goberno, o seu parlamento, e de ninguén máis».