Ayumi Hamasaki (浜崎あゆみ, Hamasaki Ayumi), nada en Fukuoka o 2 de outubro de 1978, é unha cantante e compositora xaponesa de J-Pop. O seu nome real en kanji é 濱崎 歩(Hamasaki Ayumi). Entre os seus álbums e singles, Ayu (あゆ), como é coñecida entre os seus fans o redor do mundo, logrou vender máis de 50 millóns de copias, consolidándose así como a terceira muller solista que máis discos vendeu na historia do Xapón, que é o segundo maior mercado musical, tras Estados Unidos.
No ano 2006, co lanzamento do seu single nº39, "Startin'/Born to be...”, Ayumi Hamasaki converteuse na cantante feminina con máis números un dentro do Xapón en toda a súa historia, e tamén na artista con máis singles dentro do Top 10 das listas, superando a Seiko Matsuda, que antes tivo este trono. Tamén é a artista con máis singles vendidos na historia do Xapón (aproximadamente 20 millóns de copias vendidas dende o seu debut en 1998).
Traxectoria Orixes Aínda que Hamasaki viviu toda a súa infancia e adolescencia xunto a súa nai, a súa avoa foi a que nun principio a criou. Ayumi ten vagos recordos acerca de quen era o seu pai, que supostamente divorciouse da súa nai e deixou a familia cando ela tiña o redor de cinco anos, e non o veu nunca máis dende entón. Creceu nun ambiente liberal, onde se esperaba que fixera o correcto para ela mesma sen que a súa nai interviñera moito nos seus asuntos, xa que tiña que estar constantemente traballando para poder manter a familia.
Cando cursaba a secundaria decidiu comezar unha carreira de modelaxe e de actriz. A rapaza dirixiuse a unha oficina de modelos da prefectura de Fukuoka, e conseguiu un traballo para promover un banco local da súa cidade. Tratando de postular a unha escola de arte en Toquio xunto cuns amigos, conseguiu ser transferida dende a súa axencia anterior SOS – que albergaba principalmente modelos xoves- a unha axencia de talentos máis grande, Sun Music, xa que viron talentos que tamén porían explotar en televisión. Co pseudónimo de Kurumi Hamasaki, Ayumi debutou como actriz na produción Twins Kyoshi ("Profesores Xemelgos"), película de adolescentes onde interpretou a unha moza chamada Momo Tachibana. Posteriormente comezou a utilizar o seu verdadeiro nome para traballar –ou parcialmente, cambiando o kanji de Hamasaki (浜﨑). A súa carreira como actriz foi en ascenso dende 1992 a 1997, participando en varias producións como os dramas Miseinen e a película serie B Sumo Momo Momo. Inclusive traballou como seiyū para a animación Art of Fighting, onde prestou a súa voz para o personaxe Lily Sanazaki (aínda que as súas gravacións foron substituídas por outra seiyū posteriormente debido a problemas legais internos entre a compañía). Hamasaki recorda estes tempos de traballo no espectáculo como tempos terribles. Sentía que simplemente non podía renunciar aínda que o quixera mentres vivía nun dormitorio da axencia nese tempo, xa que necesitaba o seu traballo para poder axudar a súa familia. Recorda constantemente a confusión que lle causou o comezar a actuar con persoas que elas antes vía na televisión de Fukuoka cando era máis pequena, e tamén comezou a levarse mellor cos homes que coas mulleres, xa que sentía que estas últimas eran moito máis egoístas e aproveitadas.
Un día, mentres cantaba nun destes bares, a rapaza coñece a Max Matsuura, un recoñecido produtor que se atopaba neses momentos buscando novos talentos. El preguntoulle se quería seguir unha carreira de cantante, e ela, tras dubidar por algún tempo, finalmente aceptou a proposición. Entón Hamasaki viaxou a cidade de Nova York para recibir clases de canto, e tamén preparación visual para converterse nunha artista. Matsuura puño a proba as habilidades como escritora de Ayumi, entregándolle melodías e desafiándoa a inserirlle letras do que ela quixera falar nas súas canción. O resultado foi practicamente instantáneo.
1998 – 1999, de A Song for ×× a LOVEppears
O primeiro single de Ayumi Hamasaki, titulado "Poker Face", saíu á venda o día 4 de abril de 1998. O single obtivo unha promoción regular, e debutou no posto nº20 das listas de Oricon. Pouco a pouco, Ayumi comezou a facerse máis coñecida, e o que máis chamaba a atención eran as súas letras. En agosto do mesmo ano, xa conseguira entrar o Top 10 dos máis vendidos co seu terceiro single, "Trust".
O grao de atención en torno a esta nova artista comezou a aumentar pouco a pouco, e foi contratada para promover distintos produtos, factor que a acompañaría –e axudaría- practicamente o resto da súa carreira. Xurdiron críticas positivas en torno a súa música e letras, aínda que tamén negativas, apuntando a forma nasal de cantar da rapaza, así como a súa forma de ser, e moitos incluso a consideraban parva pola súa forma de falar tan lenta, como quen pensa cada palabra que di. Toda á atención sostívose ata o lanzamento do primeiro álbum da artista, A Song for ××, có que chegou o primeiro lugar do máis vendido por primeira vez, vendendo máis dun millón de copias.
O popular que se estaba facendo a música Dance nese momento en toda Asia, tamén comezou a facerse unha tendencia para Ayumi Hamasaki. Xa pasada a promoción do seu primeiro álbum lanzaba "Whatever", o seu primeiro single lanzado en versión remix, e pouco despois lanzou tamén ayu-mi-x, álbum que contía versións alternativas das cancións de A Song for ××, tanto bailables como acústicas.
O seu sétimo single, lanzado o 14 de abril de 1999, titulado "Love ~Destiny~", foi o primeiro en alcanzar o nº1 en vendas das listas de Oricon. Comezando coa publicación "Boys & Girls", o formato en que publicaba os seus álbums trocou de forma drástica. O equipo da produción de Hamasaki, seguindo a tendencia da industria, cambiou os singles de 8 cm ó formato de 12 cm chamados maxi-singles. Ademais, os novos lanzamentos contiñan moitas remesturas. O tema competeu por primeira vez coa rival dese momento, Ami Suzuki, e o seu tema "Be Together". A primeira semana Ami vendeu máis que Ayumi, ambas en primeiro e segundo lugar respectivamente, pero xa na segunda semana Hamasaki logrou subir ata o primeiro posto. Consecuentemente, "Boys & Girls" converteuse no primeiro single que conseguiu o platino certificado. En agosto publicou "A". Nun movemento sen precedentes por avex trax, "A" ofreceu 4 temas novos e 10 remixes. Só ó single vendeu o redor dun millón 6000 mil copias e segue a ser o seu single mellor vendido.
En novembro dese ano, aínda cando aínda non transcorrera un ano desde o seu primeiro álbum, lanzou o segundo traballo, "LOVEppears", do cal se venderon máis de dous millóns de copias. Tivo moi boa acollida por parte dos seus fans e o feito de que na portada do álbum aparecera facendo topless e cubrindo os seus peitos co seu pelo causou tamén algo de polémica.
2000, Duty
Coa chegada do novo milenio, Ayumi xa era considerada unha das cantantes con máis potencial dentro da industria musical xaponesa, e tamén dentro da cultura Pop. A cantante comezou a aparecer constantemente en numerosas revistas de Moda, e a compañía de cosméticos KOSÉ contratouna como modelo e imaxe da súa firma, para a cal traballou durante máis de catro anos. O primeiro produto para a liña de cosméticos da cal Ayumi foi rostro vendeu a cifra récord de 500 mil unidades en só dous días. "Vogue", a canción que se usou como fondo musical da promoción, tamén saíu beneficiada, vendendo o redor de 700 mil copias.
Dende abril do ano 2000 ata xuño do mesmo ano, Ayu lanzou single por mes: "Vogue", "Far away" e "Seasons", os cales coñécense entre os fan como a triloxía, dada a conexión nas letras dos tres temas, e os seus respectivos videoclips. Xa no mes de setembro dese ano produciuse o lanzamento do seu terceiro álbum, "Duty", e do single "Surreal". Este álbum, seguindo a liña dos seus antecesores, alcanzou os postos máis altos nas listas de vendas, vendendo case 3 millóns de copias. "Surreal" tamén chegou ao primeiro lugar do máis vendido en materia de sinxelos, o que converteu a Ayumi na cuarta artista en conseguir ter un single e un álbum no nº1 ó mesmo tempo nas listas de Oricon. Para facer esta situación aínda máis recoñecible, tamén foi lanzado o primeiro concerto masivo de Ayumi en DVD, o cal chegou ó número un nas listas de vendas de DVD, o que concede a artista o récord de ser a única artista que alcanza estas posicións nas tres listas a mesma semana.
De forma paralela ó seu éxito comercial, Ayumi tamén ía evolucionando máis e máis como artista. A súa voz cambiou considerablemente o chegar a esta etapa da súa carreira, converténdose nun rexistro moito máis profundo e algo máis rouco, que contrasta coa forma aguda e máis nasal dos seus primeiros traballos. Tamén o estilo da cantante buscaba unha maior definición, polo que foi introducíndose en novos xéneros, comezando a usar instrumentos máis acústicos e as guitarras eléctricas achegando ao rock, feito que pode apreciarse no álbum "Duty".
2001, de A BEST a I am...
Cerca do fin do milenio, Ayumi lanzou o seu single "M". O single converteuse no maior éxito da temporada de Nadal, conseguindo rapidamente catro discos de platino. Este tema tamén marca o comezo dunha nova etapa na carreira artística da nova cantante, o ser a súa primeira composición propia, usando o pseudónimo de CREA, o cal tamén é o nome dunha das súas mascotas.
miniatura|esquerda|Posta en escena de Hamasaki para a canción "Mirrorcle World" na súa xira Asia Tour 2008: 10th Anniversary.
O ano 2001 foi o ano da controversia para Ayumi, xa que pouco antes do lanzamento do seu single "Evolution", iniciouse o seu primeiro xira masiva a grande escala chamado DOME TOUR, dentro do cal cada espectáculo custaba cifras millonarias. O show comezou pouco a pouco a esgotar fisicamente á artista, e incluso comezou a danar o seu oído medio esquerdo. Esta doenza foise facendo máis forte, o que terminou cun esvaecemento en plenos ensaios para un dos seus concertos. O desmaio da cantante foi unha gran noticia, pero non só polo feito de que terminase no hospital, senón porque esa mesma noite tiña un espectáculo, o cal, ela, como boa profesional, acabou realizando. Este feito deixou a Ayumi case sen audición nun dos seus oídos, pero despois dalgún tempo de descanso, finalmente logrou repoñerse para seguir traballando. Dentro deste mesmo ano xurdiu unha nova controversia, esta vez co álbum de grandes éxitos que Avex tiña preparado para Ayumi sen o seu consentimento, o cal foi titulado "A BEST". Ayumi estivo totalmente en contra do lanzamento, pero igualmente foi lanzado ó mercado. Incluso cambiouse a data do lanzamento para poñerse en competencia directa co segundo disco de Hikaru Utada (a súa rival directa trala desaparición da industria de Ami Suzuki, e que é considerada ata o día de hoxe a súa máis directa competidora), titulado "Distance". Os dous álbums loitaron arduamente polo primeiro lugar das listas do máis vendido durante semanas, e finalmente na lista anual realizada por Oricon, Utada quedou no primeiro lugar e Hamasaki no segundo.
O seu segundo disco de remixes Eurobeat, o cal foi titulado ayu-ro mix, converteuse no segundo álbum de remixes na historia da música do Xapón en encabezar as listas de vendas, seguindo a "Little Tokyo" da cantante de Warner MISIA. Cando o lanzamento do seu cuarto álbum foi retratado, os prezos na bolsa de Avex Trax baixaron, feito que demostrou os grandes ingresos que representaba Ayumi nese momento para Avex. Estimouse que, neses momentos, ela era a responsable do 40% dos ingresos do xigante musical. En decembro realizou un dueto con Keiko Komuro, integrante da banda Globe. Este single formou parte de Song Nation, un proxecto de Avex sen ánimo de lucro que reuniu diñeiro para as vítimas dos atentados terroristas do 11 de setembro en Nova York. O primeiro día de 2002, foi presentado o seu cuarto álbum "I am...", e o igual que os seus predecesores foi certificado dobre disco de platino.
2002 – 2003, de RAINBOW a A BALLADS