Os pelicosauros (Pelycosauria) son unha orde dentro da clase sinápsidos de tamaño medio a grande (ata tres metros ou máis), que inclúe tamén a orde Therapsida (terápsidos).
Xurdiron no período Carbonífero e desapareceron ao final do período permiano, xusto cando houbo a meirande extinción de seres vivos da historia da Terra. Chegaron a existir algunhas familias entre as que destacan Edaphosauridae, a máis antiga, formada basicamente por animais herbívoros e Sphenacodontidae, máis recente, formada basicamente por animais carnívoros. Algúns representantes de ambas as familias tiñan unha curiosa estrutura en forma de vela nas costas, que consistía en espiñas dorsais moi apertadas. Pénsase que esa estrutura tiña unha función termorreguladora: os raios de Sol quentarían o sangue circulante nesa vela, permitindo aos animais unha adaptacion mellor ao ambiente. Sería unha das primeiras tentativas de homeotermia coñecidas.
Os pelicosauros tiñan tamén algunhas características físicas que aínda poden ser percibidas nos mamíferos: un principio de heterodontia (dentes diferentes, adaptados a funcións diferentes) e unha rotación dos ósos das patas para unha posición máis vertical sobre o corpo, cos cóbados volteados cara a atrás e os xeonllos volteados cara a adiante, da mesma forma que nos mamíferos actuais.
Os xéneros máis coñecidos dos pelicosauros son Edaphosaurus e Dimetrodon. Ambos son identificados popularmente como dinosauros, pero en verdade non pertencen a ese grupo. Viviron moito antes do xurdimento dos primeiros dinosauros e pertencen a unha liñaxe de réptiles diferente.
Clasificación Clase Synapsida ORDE PELYCOSAURIA * Suborde Caseasauria Familia Eothyrididae Eothyris Oedaleops Familia Caseidae Angelosaurus Casea Caseopsis Cotylorhynchus Ennatosaurus Knoxosaurus Caseoides Suborde Eupelycosauria Familia Varanopseidae Varanosaurus Archaeovenator Pyozia Mycterosaurus Mesenosaurus Elliotsmithia Ruthiromia Aerosaurus Varanodon Varanops Familia Ophiacodontidae Archaeothyris Baldwinonus Clepsydrops Limnostygis Ophiacodon Stereophallodon Stereorhachis Familia Edaphosauridae Edaphosaurus Ianthasaurus Glaucosaurus Familia Lupeosauridae Lupeosaurus Sphenacodontia ?Watongia Haptodus Palaeohatteria Pantelosaurus Cutleria Sphenacodontoidea Familia Sphenacodontidae Ctenorhachis Steppesaurus Bathygnathus Ctenospondylus Dimetrodon Neosaurus Secodontosaurus Sphenacodon '''ORDE THERAPSIDA *
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos Réptil Mamífero
Ligazóns externas Introdución ao pelicosaurio - da UCMP Synapsida - Pelycosauria - de Palaeos
Categoría:Pelicosaurios Categoría:Sinápsidos Categoría:Fósiles