Ernst Abbe, nado en Eisenach, Turinxia, o 23 de xaneiro de 1840 e finado en Jena o 14 de xaneiro de 1905, foi un físico, matemático, astrónomo e industrial alemán.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de orixe humilde. Entre 1870 e 1896 foi profesor de Física na Universidade de Jena. Dirixiu a fábrica de óptica de Carl Zeiss en Jena (1875). En 1878 foi nomeado Director do Observatorio astronómico de Jena.
A el débense moitos progresos na óptica instrumental. Ideou un refractómetro, un condensador para microscopios (Condensador de Abbe), unha cámara lúcida (Prisma de Abbe) etc.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Matemáticos de Alemaña Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Astrónomos de Alemaña Categoría:Empresarios de Alemaña Categoría:Nados en Eisenach Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Alumnos da Universidade de Jena Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga Categoría:Profesores da Universidade de Jena