, máis coñecido como , nado o 25 de novembro de 1904 e falecido o 17 de outubro de 2005, foi un dos escritores chineses máis lidos do século XX. A súa obra máis coñecida é , de 1933. Tamén foi un destacado esperantista. O seu relato "Noites de Marsella" foi publicado en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).

Traxectoria Naceu en Chengdu, Sichuan no seo dunha familia de funcionarios que fixeran fortuna, o seu avó paterno gobernaba autocraticamente unha extense familia nunha mansión na cal vivían cinco xeracións e máis os criados, de pequeno ensinoulle a ler e escribier súa nai e logo profesores privados. Lector avido quedou impresionado polo pensamento de Kropotkin e Emma Goldman. En 1920 entrou na Escola de Idiomas local para estudar inglés, participou activamente no movemento estudantil e entrou nun grupo anarquista, en 1923 marchou a Sanghai para continuar os seus estudos pero acabou matriculándose en Nanjing onde se especializa en esperanto, en 1927 viaxa a París para estudar francés, participou na campaña internacional para salvar aos anarquistas Sacco e Vanzetti da pena de morte nos Estados Unidos, chegando a manter unha breve relación epistolar con Vanzetti, traduciu ensaios de pensadores anarquistas ao chinés e escribiu a súa primeira novela, Mièwáng (灭亡, "Destrución") que publicou por entregas nunha revista literaria, xa de volta na China, en 1929. En 1931 publicou Jia (家, "Familia") onde retrata a opresión a que se ven sometidos os membros dunha familia autocrática, baseándose na súa propia familia, a novela marcou a toda unha xeración que se viu retratada nela e xunto con Chūn (春, "Primavera", 1938) e Qiū (秋, "Outono", 1940) forma unha triloxía. Durante a Segunda Guerra Chinesa-Xaponesa Ba Jin participou en labores de propaganda contra os xaponeses e escribiu a triloxía Huǒ (火, "Lume") descrición da China resistente. Despois da derrota do Xapón e na guerra civil Ba Jin mantivo o seu pensamento anarquista polo que foi duramente criticado polo Partido Comunista pero tras o triunfo deste en 1949 decidiu permanecer no país e ingresar no Partido Comunista da China, foi deputado por Sichuan. Durante a Revolución Cultural foi perseguido e humillado, rehabilitado en 1977, foi presidente da Asociación de Escritores desde 1983. Esperantista convencido foi vicepresidente da Liga Chinesa de Esperanto.

Traducións En galego "Noites de Marsella" (1982). En Varios autores, Flores e leña. Tradución directa ao galego de Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Xerais.

En castelán Familia (2014). Tradución directa ao castelán de Eulàlia Jardí Soler. Libros del Asteroide.

En catalán Nits fredes (2013). Tradución directa ao catalán de Eulàlia Jardí Soler. Viena Edicions. Primavera (2016). Tradución directa ao catalán de Eulàlia Jardí Soler. Viena Edicions.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 巴金 (La literatura china traducida en España)

Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China Categoría:Anarquistas da China Categoría:Esperantistas Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados en Chengdu Categoría:Finados en 2005 Categoría:Finados por párkinson Categoría:Centenarios