Gianni Celati, nado en Sondrio o 10 de xaneiro de 1937 e finado o 2 de xaneiro de 2022, foi un escritor, tradutor e crítico literario italiano.

Traxectoria Celati pasou a infancia e adolescencia na provincia de Ferrara, estudou literatura inglesa na Universidade de Boloña e doutorouse cunha tese sobre James Joyce. No ano 1970 publicou a súa primeira novela, Comiche, á que seguiron Le avventure del Guizzardi (1972), La banda dei Sospiri (1974) e Lunario del paradiso (1978), nun estilo cómico e fantasioso que se saía da norma académica. Nestes anos publicou tamén traducións de clásicos ingleses.

Tras un longo silencio literario que pasou ensinando na Universidade Cornell de Ithaca (Estado de Nova York, USA) e que rematou en 1984 coa publicación do libro de relatos Narratori delle pianure, cambiou completamente de estilo, cunha lingua sinxela cos personaxes reducidos á mínima expresión. No ano 2006 gañou o Premio Viareggio con Vite di pascolanti.

Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Nados na provincia de Sondrio Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2022