miniatura|Colza
A colza (Brassica napus) é unha planta de cuxas sementes se extrae o aceite de colza. As follas da planta serven tamén de forraxe para o gado.
No Canadá desenvolveuse unha variedade baixo o nome de Canola, que é unha contracción da expresión inglesa "Canadian oil low acid" ("aceite canadense de baixo contido en ácido") referindose ao ácido erúcico. Esta variedade de colza presenta unha proporción inferior á normal en ácido erúcico e glicosinolatos, produtos de toxicidade media presentes no aceite de colza estándar. Foi desenvolvida por investigadores canadenses a partir de 1960 .
Véxase tamén Outros artigos Síndrome do aceite tóxico
Categoría:Brassica Categoría:Oleaxinosas Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas medicinais