Allier (Occitano: Alèir) (03) é un departamento localizado no centro sur da Francia. O seu nome vén do río Allier.

Historia Allier é un dos 83 departmentos orixinais creados trala Revolución francesa o 4 de marzo de 1790. O departamento de Allier foi creado a partir da división das antigas provincias de Auvernia e Bourbonnais.

En 1940, o goberno do Mariscal Philippe Pétain elixiu á vila de Vichy como a súa capital.

Xeografía O departamento de Allier pertence á rexión de Auvernia. ao seu arredor atópanse os departamentos de Cher, Nièvre, Saona e Loira, Loira, Puy-de-Dôme, e Creuse.

O departamento é percorrido polos seguintes ríos: río Allier río Loira río Cher río Besbre río Sioule

Demografía

Economía Allier é a área máis produtiva da rexión de Auvernia. A súa capital, Vichy é coñecida polas súas augas, as cales son exportadas por todo o mundo.

Demografía As principais cidades do departamento son Montluçon, Vichy, e Moulins. O resto do departamento está poboado por pequenos núcleos de poboación, na súa maioría situados ao longo dos ríos. En xeral, o departamento atópase dispersamente poboado. Durante o século XIX a poboación do departamento medrou considerabelmente grazas ao crecemento das industrias de Montluçon e Moulins, e polo desenvolvemento de Vichy grazas ás súas augas. Naquel tempo o departamento contaba cunha poboación arredor dos 420.000 habitantes. Trala primeira guerra mundial, a poboación estabilizouse, medrando en menor medida durante a década de 1960. Dende aquela, a poboación caeu dos 386.533 habitantes en 1968 ós 344.721 en 1999.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da prefectura Páxina web do departamento Mapa de Allier

Categoría:Departamentos de Auvernia-Ródano-Alpes