miniatura|300px|«Le droi du Seigneur» (O dereito do señor ) por Vasily Polenov, un cadro historicista no que se mostra, en ton melodramático, un pobre ancián entregando as súas fillas mozas ao despótico señor feudal. O dereito de pernada (en latín vulgar medieval, ius primae noctis, «dereito da primeira noite»; en inglés úsase a expresión francesa Droit de seigneur, aínda que en francés é máis acertada a locución Droit de cuissage) foi un dereito feudal que teoricamente establecía a potestade señorial de ter relacións sexuais (e polo tanto a gozar da súa virxindade) con toda doncela serva do seu feudo, que fora casar cun dos seus servos. Este presunto dereito tivo vixencia durante a Idade Media da Europa Occidental (aínda que hai paralelismos noutras partes do mundo) como compoñente do modo de produción feudal. O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) recolle a acepción estrita que acabamos de enunciar, pero tamén engade unha segunda acepción coloquial, máis ampla, referente ao abuso de autoridade. na súa locución preposicional dentro de dereito
Dado que non apareceron documentos legais acerca deste presunto privilexio feudal, discutiuse moito sobre a súa natureza real. Basicamente hai quen acepta que se trata dun dereito señorial tal cal o define a historiografía tradicional, incluída a agresión sexual na noite de vodas; outros, en cambio, pensan que era un ritual simbólico de submisión que se saldaba co pagamento dunha taxa en especie ou metálico e unha cerimonia; hainos, por fin, que aceptan que o abuso sexual era un feito social (non referido ás vodas, aínda que si á servidume feudal), pero non un dereito: máis ben o reflexo da dominación dunha clase privilexiada e da baixa consideración que se tiña da muller na época.
Orixe posiblemente ancestral Propúxose que o Dereito de Pernada sería un uso ou costume de tradición moi antiga (non se sabe se prerromana, pagá ou xermánica, pero, en todo caso, é allea ao dereito canónico). miniatura|275px|esquerda|Ritual de desfloración, segundo un gravado medieval.
Certos especialistas apóianse en paralelismos etolóxicos para buscarlle unha explicación, a partir do feito comprobado de que, en moitas especies, os machos loitan pola supremacía no grupo, para así asegurar a descendencia.
Este paralelismo é máis estreito no caso de certos primates antropoides, especialmente os chimpancés, en cuxas comunidades se detectou unha clara estratificación social na que un macho dominante (ou «macho alfa») se asegura a cópula con todas as femias ao seu cargo.
Tamén hai paralelismos etnográficos. Talvez os rituais de iniciación sexual levados a cabo orixinalmente por un membro importante da comunidade -ás veces, a nai, outras un xamán, ata un hóspede importante-. Hai ritos de fecundidade e de desfloración testemuñados nas Illas Marquesas (Pacífico Sur) e relatos de cerimoniais similares en culturas precolombianas; tamén na India e en África. Certos viaxeiros do século XVI describían, neste tipo de ritos de iniciación, o emprego de idoliños ad hoc (polo que se insinuou que algunhas das venus paleolíticas -por exemplo, a Venus de Willendorf- servirían neste tipo de prácticas).
Aínda que se chegou a propor que, no feudalismo, o oficiante do ritual sería substituído pola persoa de máis alto rango estamental (isto é, o señor feudal), tal afirmación parece unha extrapolación simplista para a que non se obtiveron probas e, ata, algúns estudosos sosteñen que o ritual prenupcial de desfloración é algo moi distinto, ata oposto, ao dereito de pernada medieval.Trátase de rituais relixiosos que non supón ningún tipo de humillación para a muller e non son actos de dominación nin despotismo por parte do home:
Fontes clásicas É patente a semellanza con certos mitos clásicos gregos nos que os deuses abusan sexualmente dos humanos, sen que iso supuxese, necesariamente, unha humillación. De feito, a miúdo, os fillos que resultaban destas unións eran heroes (no sentido etimolóxico da palabra: ἥρως, é dicir, semideuses, non necesariamente virtuosos), e permitían a certas estirpes ilustres defender a súa ascendencia divina. De todos coñecido é que a familia de Xulio César (a dinastía Xulio-Claudia) pretendía descender da deusa Venus a través de Eneas o troiano.Caius Suetonius Tranquillus: De vita Caesarum. Divus Julius, 6.
Algúns escritores clásicos poderían referirse a este suposto dereito da primeira noite, por exemplo Heródoto (século IV a.C.) no seu 4º Libro sobre a Historia (epígrafe CLXVIII), relata certos feitos acerca da tribo líbica dos Adirmáquidas, dos que se dicía que era costume «presentar ao rei todas as doncelas que están para casar, e se algunha lle agrada, el é o primeiro en coñecela». Outro filósofo grego, Heráclides Póntico (século IV a. C.) fálanos do goberno despótico da illa de Cefalonia, cuxo tirano esixía ser o primeiro en xacer coas noivas o día da súa voda.
O romano Valerio Máximo (século I) describe un dos presuntos costumes impostos na revolta de escravos de Volsini: «Ningún home libre poderá casar cunha doncela que non sexa desflorada previamente por un escravo» (Libro Noveno, Capítulo 1 Exempla externa 2).
Teoría da orixe xermánica Non hai ningunha seguridade sobre a súa orixe, pero algúns documentos relacionan o dereito de pernada con certos costumes xermánicos; concretamente o chamado «Beilager» (anterior á caída do Imperio Romano), que foi traducido ao latín vulgar como Mundium ou «Munt» e que, entre outras moitas cousas, reservaba simbolicamente, para o señor da sippe,unidade xurídica que englobaba ao conxunto de parentes de sangue con base nun determinado individuo a primeira cópula coa noiva. O Beilager xermánico era unha parte tan importante do matrimonio, que ata en certas rexións foi parcialmente incorporado á unión eclesiástica. En sentido estrito, o Beilager xermánico consistía no dereito do señor de compartir a cama coa recentemente casada, dereito que este perdería a cambio dun pago en metálico. A miúdo as esixencias do señor eran maiores cando un servo pretendía casar cunha noiva de condición superior: se o servo se vía obrigado a pedir prestada a cantidade estipulada no Mundium ao seu propio amo iso implicaba a degradación social da noiva, do seu fogar e até da súa familia, que pasaban á xurisdición señorial.
En calquera caso, é case seguro que un acto sexual auténtico entre o señor e a noiva non formaba parte do proceso legal da unión. Simplemente, era un símbolo que non outorgaba ningún dereito marital. Pero o concepto do privilexio sobre a primeira noite perpetuouse na época feudal, aínda que sempre asociado a impostos ou tributos que recibiron nomes locais, como o merchet, o cullagium ou o vadimonium, entre outros..
Probas documentais directas e indirectas Como se mencionou, os investigadores non atoparon ningunha lei medieval que recollese a prerrogativa do Ius primae noctis; pero existen documentos escritos oficiais de diversa índole, ata recompilacións lexislativas, datables polo menos a partir do século VIII: dereita|225px|miniatura| Coito, representado no códice medieval Tacuinum Sanitatis Por esas datas, os Anais do mosteiro irlandés de Clonmacnoise recollen a esixencia do Dereito de Pernada por parte de gobernadores de orixe viquinga: «O seu líder ostenta a honra de posuír a calquera muller durante a súa primeira noite de vodas; despois, o seu propio marido poderá ter coñecemento carnal con ela».Trinity College, Dublin, Ms. 637 A pesar do que poida pensarse, esta cita non pode tomarse como un xuízo de valor negativo, pois na tradición irlandesa, certos personaxes míticos de orixe céltica, considerados heroes, parecen gozar dese mesmo privilexio.
Xa no século XIII atopamos as recompilacións xurídicas de Afonso X de Castela no Foro Real, onde se indica que se imporá unha multa de 500 soldos e privaríaselle dos seus cargos se ousase «alguu ome desonrrar nouho casando ou nouha en dia de voda»; pero reservando á coroa a facultade de xulgar o crime, o que supón un recoñecemento tácito de que se trata dun acto cometido por membros dalgún estamento privilexiado e do corporativismo entre os seus compoñentes.
Na Biblioteca nacional de Francia consérvase un texto datado no ano 1400, procedente dunha aldea adscrita a un mosteiro de Zürich (Suíza) na que se específica que «...quen desexe contraer sacro matrimonio no territorio ou na aldea de Maur, quenquera que sexa, debe entregarnos á noiva na súa primeira noite de vodas ou pagar por ela, segundo rezan os costumes tradicionais e segundo figura nos vellos escritos oficiais. Se non cumprise o prescrito, será multado con 30 peniques». O texto foi reescrito en 1543 para especificar as condicións do pago: «o esposo debe deixar que o seu señor xaza a primeira noite de vodas coa noiva ou, pola contra, pagar cinco xilins e catro peniques». En ambos os casos tratábase de cantidades razoables para os campesiños da aldea, especialmente nunha zona que era bastante próspera no século XVI Podemos indicar outra fonte máis, extraída da Sentenza arbitral de Guadalupe:«ni tampoco puedan [os señores] la primera noche quel payés prende mujer dormir con ella o en señal de senyoria». Este texto vén rubricado por Fernando o Católico, que acabou con todos os demais malos usos ao asinalo en 1486
Estas probas seica confirmarían a existencia dun auténtico Dereito de Pernada, por máis que a lei do silencio parece correr un manto de escurantismo sobre a natureza real deste fenómeno. Pero dous dos catro casos, os procedentes de territorios ibéricos, son prohibicións nas que non se pode confirmar se existía un dereito señorial recoñecido legalmente ou, máis ben, un mal costume herdado de tempos inmemoriais (no que, ao parecer, crían tanto campesiños como señores e que era moi difícil de desarraigar). Como diría Matilda Joslyn Gage en 1893: «As mentes do pobo foran corrompidas ao longo dos séculos con estas doutrinas [...] a muller, sempre oprimida, debía proporcionar solaz a uns homes afeitos á violencia e a obter pracer no sufrimento alleo»
Os abusos sexuais como feito, pero non como dereito É posible que poida discutirse, como veremos máis adiante, se o Dereito de Pernada era algo simbólico ou unha auténtica agresión sexual e moral; o que si é indiscutible que na Idade Media existía o costume (non recoñecido, por suposto) de violar mulleres de estamentos inferiores. Non estariamos estritamente falando do Dereito de Pernada, pero si dun acto de dominación machista, social e criminal.
Os servos, polo menos ao principio, admitíano como un mal necesario, amparado por unha tradición consuetudinaria. Xa que logo non só se trata dunha violación, que o é, senón que ía acompañada dunha coacción moito máis profunda. En primeiro lugar, debe terse en conta o servilismo dalgúns campesiños, esposos ou pais das afectadas, con ánimo de lucro, posto que lle estaba prestando "un servizo" actuando como un verdadeiro proxeneta para o seu señor (ignoramos en que proporción se daba este desexo de prosperar á conta da explotación das propias mulleres) Doutra banda, o señor feudal desexa facer patente a súa condición de superioridade, facendo ver que, antes que esposa ou filla, a muller é serva e que, antes que obedecer ao pai ou ao marido, debe submisión ao seu señor. En terceiro lugar, está a indefensión dos afectados que, a miúdo, non consentían, pero carecían de medios para defenderse fronte á ira señorial. O señor consideraría unha negativa como un acto de rebeldía fronte á súa autoridade e o seu poder sobre os seus servos. Para rematar, non debemos esquecer que, do mesmo xeito que ocorre actualmente, a vítima séntese culpable da súa propia deshonra e ten medo a denunciala.