A centola, Maja squinado, ás veces grafado Maia squinado, é unha especie de crustáceo da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados, infraorde dos braquiúros, familia dos máxidos e subfamilia dos maxinios.Maja squinado (Herbst, 1788) no WoRMSJ. Iglesias; F. J. Sánchez; C. Moxica; L. Fuentes; J. J. Otero e J. L. Pérez (2002): "Datos preliminares sobre el cultivo de larvas y juveniles de centolla Maja squinado Herbst, 1788 en el Centro Oceanográfico de Vigo del Instituto Español de Oceanografía ", Bol. Inst. Esp. Oceanogr. 18 (1-4): 25-30.

É un caranguexo migratorio de gran tamaño que habita nas costas do Atlántico oriental e no mar Mediterráneo.

O seu cacho está cuberto de espiñas e protuberancias e pode chegar a medir até 20 cm de diámetro.

Trátase dun dos mariscos máis apreciados gastronomicamente. A dicir de Cunqueiro, a centola é o máis exquisito dos froitos do mar, e dá varios sabores diferentes.

Taxonomía Ao longo do tempo a centola recibiu diversas denominacións científicas, como Aranea crustata, segundo Cornide ou Maia cornuta, segundo Valladares.

Descrición A especie foi definida por primeira vez en 1788 polo naturalista alemán Johann Friedrich Wilhelm Herbst, que a designou co nome de Cancer squinado, na súa obra Versuch einer Naturgeschichte der Krabben und Krebse nebst einer systematischen Beschreibung ihrer verschiedenen Arten. Erster Band. Mit XXI Kupfer-Tafeln und Register. Krabben. Joh. Casper Fuessly, Zürich / Gottlieb August Lange, Berlin und Stralsund.

Posteriormente foi reclasificada dentro de xénero Maja, fundado por Lamarck en 1801.Maja Lamarck, 1801 no WoRMS.

Sinónimos Ademais do nome válido actualmente (2020), a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Cancer cornutus Fabricius, 1787 Cancer squinado Herbst, 1788 (protónimo) Maja gigantea Baudouin, 1906 Maia squinado Pesta, 1918 (erro ortográfico)

Notas taxonómicas Actualmente, o termo admitido pola comunidade científica é o de Maja squinado. Durante moito tempo discutiuse se os individuos que habitan no Mediterráneo eran da mesma especie que os do Atlántico, ou estes pertencían a outra especie diferente. De feito, as poboacións das centolas mediterráneas e atlánticas foron consideradas conxuntamente baixo o nome de Maja squinado até 1998, data na que se suxeriu separalas en base a criterios morfolóxicos e biométricos, separando os individuos atlánticos na especie Maja brachydactyla, que propuxera Heinrich Balss en 1922. Unha revisión do complexo de especies M. squinado permitiu diferenciar entre os espécimes d mar Mediterráneo e os do Atlántico, e concluíu que os do Atlántico eran unha especie separada, denominada Maja brachydactyla Balss, 1922

Un estudo xenético recente (2008) realizado polos investigadores da universidade de Vigo Graciela Sotelo, Paloma Moráne e David Posada, no que tiveron en conta tres das catro especies de centolas do Mediterráneo e o Atlántico nororiental (só non se considerou Maja goltziana), confirmou este punto de vista: cada un dos tres grupos taxonómicos fan parte dun grupo monofilético e, aínda que a variabilidade dentro da suposta especie segue a ser extremadamente baixa, as diferenzas xenéticas entre as especies son grandes, da mesma magnitude das observadas xeralmente entre outras especies de crustáceos.Sotelo, G., Morán, P. & Posada, D. (2008): "Genetic identification of the northeastern Atlantic spiny spider crab as Maja brachydactyla Balss, 1922". Journal of Crustacean Biology 28 (1): 76-81. Ler o artigo completo.

Con todo, na actualidade segue utilizándose o nome de Maja squinado como denominación oficial desta especie."Resolución de 31 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establece e se publica a lista de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura admitidas en España" (BOE nº 87, de 10.04.2014).

Outra realidade é que a centola do Mediterráneo pode considerarse practicamente extinguida, o que xustifica as campañas de repoboación que se están realizando por parte dos organismos oficiais.

Outras especies de centolas en augas españolas Outras especies de centolas presentes en augas españolas son as seguintes: Maja crispata Risso, 1827 (antes M. verrucosa H. Milne Edwards, 1834). Maja goltziana d'Oliveira, 1888.

A primeira delas, e aínda que non hai rexistros para Galicia, figura no inventario de González Gurriarán e Méndez, xa que "aínda que na distribución xeral desta especie se cita normalmente como circunscrita á área comprendida entre as costas de Portugal e as illas do Cabo Verde, o mesmo que no Mediterráneo, hai un rexistro para o norte de España (Asturias) de Llera e Ortea,Llera, E. M. e J. A. Ortea (1974): "Nuevas citas de Crustáceos Decápodos para el Norte de España". Asturnatura, 2: 91-101. citada como Maja verrucosa".González e Méndez (1985), pp. 194-195. Polo que moi ben podería ser que frecuentase tamén as augas galegas.

Un dato adicional é que Ríos Panisse a recolle en diversas localidades costeiras galegas, onde lle dan, entre outros, os nomes de bruño, centola peluda, pateiro, patexo, peluda e rabuda,Ríos Panisse, M. C. (1977), p. 38. algúns deles compartidos, como se expón máis adiante, coa súa parente M. squinado.

Esta especie é bastante máis pequena (de aí algúns dos nomes comúns cos da verdadeira centola), e de escaso interese comercial.

Posíbeis etimoloxías do nome científico Segundo Jorge Víctor Sueiro, o nome xenérico, Maja ou Maia derivaría de Maia, personaxe da mitoloxía grega (en grego antigo Μαία) que era a maior das Pléiades, as sete fillas de Atlas e Pléione, chamadas ás veces deusas das montañas, por naceren no monte Cilene, na Arcadia. Segundo conta a mitoloxía, Maia era a maior, e a máis fermosa e tímida e, segundo se di no himno homérico a Hermes, Maia xerou a este de Zeus, nunha cova do monte Cilene.

E así di que:

Porén, o nome italiano máis frecuente deste animal é grancevola (coas variantes granceola e granseola),Trainito, Egidio (2005): Atlante di flora e fauna del Mediterraneo. Milano: Il Castello. ISBN 88-8039-395-2. aínda que Zingarelli dá maia como sinónimo de grancevola, pero faina derivar do grego μαια mâia "nai", "naiciña" (voz infantil).Zingarelli, N. (1996). Vocabolario della lingua italiana. Dodicesima edizione. Bologna: Zanichelli. ISBN 88-08-16610-4.

O nome específico, squinado, deriva, segundo Le Foll, do nome provenzal do crustáceo («squinado», «esquinade», «esquinado» ou «esquinadoun»), rexistrado por Rondelet xa en 1554. .

Nomes vulgares

Nomes populares galegos En Galicia coexisten numerosas denominacións populares, ademais das máis comúns centola e centolo (o uso dun ou doutro nome non se corresponde realmente co sexo do animal, senón que obedece máis ben a denominacións locais, sendo a forma feminina a máis usual).

araña, boinoca (Franco Grande),Franco Grande (1968). cachola (Sarmiento), cáncamo/cáncaro (o macho), cancro, cangrexa, cangrexa de altura, centoia, cintolo, sentola, sintola, noca, noco.

Crespo Pozo recolleu no Morrazo a forma congrio (que non dá ningunha outra fonte) e meya (que tamén abonan Valladares e Carré). Esta última forma recóllena probablemente de Sarmiento, pero o certo é que este xa advertira o seu erro inicial: “Crin era o 'pagurus', e éo, non a 'maea' e que é o boy” (Catálogo de Voces y Frases Gallegas). Tamén Eladio Rodríguez salvou no seu dicionario o erro de identificación: “Algúns equivocaron o paguro ou CENTOLA coa meya, que segundo di CornideCornide (1788). é o noso BOI ou NOCA”.Rodrígez González, E. (1958)

Para os exemplares pequenos, de pesos inferiores a 600-750 g, tamén hai denominacións propias: broo, brou, bruno, bruño, buño, felpuda, felpudo, pateiro, rañado.

O nome de bruño aplícase nalgún porto a outra especie semellante, a antecitada Maja crispata, de menor tamaño, aínda que é máis común aplicalo ás centolas verdadeiras pequenas (fundamentalmente, na ría de Vigo). Canto a pateiro e patexo adoita utilizarse máis ben para designar unha especie de cangrexo bastante máis pequeno que a centola.

Cando se trata de designar exemplares baleiros, de pouca comida e baixa calidade, normalmente como consecuencia da desova ou da muda, existen as denominacións de: caldeira (Carré), caxó (Eladio Rodríguez), farol (Crespo Pozo, Eladio Rodríguez), fole (Valladares, Cuveiro, Eladio Rodríguez, Filgueira), foleira.

Ríos Panisse, no máis amplo repertorio de nomes vulgares das especies mariñas de Galicia, recolle, entre outros (a lista non é exhaustiva), os seguintes:Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 35-37. araña, cahola, cáncamo, cáncaro, cancro, cancrio (o macho), cangrexa, cangrexa de altura, centola, centolo, cintolo, noco.

E para os individuos de pequeno tamaño: brou, brumo, bruño, burgo, carracha, carrapateira, carrapeto, cascudo, felpudo, ladlla, pateiro, pato, pato de area, peludo, rabuda, rañorte, rañoto.

Etimoloxía Semella que a orixe da palabra galega centola vén do celta kintuollos, o principal e grande, derivado de kĭntu-, primeiro, e ollos, grande, por ser unha das especies máis grandes e poderosas de cangrexo.http://lema.rae.es/drae/?val=centolla Etimoloxía da palabra centollo no dicionario da Real Academia Española.

A etimoloxía de centola segundo Sarmiento O Padre Sarmiento fai vir o nome de centola de capita > captola > cantola > santola > centola.Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, Padre Sarmiento, (1745-55)

Sarmiento describe así a centola e a orixe do seu nome: {| class="wikitable collapsible collapsed" ! Sarmiento: descrición e etimoloxía |- |A la clase de cancros que son los de cuerpo redondo y sin cola; y que representan no una langosta sino una araña, pertencen cinco mariscos cuyos nombres gallegos son: centôla, bois, lubigante, cranguejo y nécora. Esta, que es la de menor cuerpo, es como una redonda caja de tabaco regular; y la centôla tiene el cuerpo capaz de cubrir con su concha toda la cara de un hombre y servirle de máscara o de carátula, y de lo que se aprovechan los muchachos. La centôla es asperísima en su superficie, pero la de los cuatro mariscos restantes es tersa y lisa; y todos cinco, después de cocidos toman el color encarnado.