Santa María Madanela de Francelos é unha parroquia do concello de Ribadavia, no Ribeiro. En 2020 tiña 631 habitantes repartidos en dous núcleos de poboación.

Situación Francelos é a parroquia máis meridional de Ribadavia. A aldea de Francelos dista apenas 2 quilómetros da capital municipal. Está situada na enfesta da veiga de Valparaíso, que se estende pola marxe dereita do río Miño logo da foz do río Avia.

Patrimonio histórico-artístico En Francelos sitúase a capela de San Xes de Francelos, resto reedificado dun antigo mosteiro, no que se empregaron diversos elementos decorativos e arquitectónicos da fábrica orixinal prerrománica. Nas inmediacións da aldea de Prexigueiro pódense visitar as termas de Prexigueiro e unha antiga ponte sobre o río Cerves, xusto en fronte da embocadura do río Arnoia no Miño.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Francelos

Parroquias de Ribadavia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lugares de Ribadavia

Categoría:Parroquias de Ribadavia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Madanela