Ralf König, nado en Soest o 8 de agosto de 1960, é un autor alemán de banda deseñada, e o máximo expoñente internacional da banda deseñada de temática gai.

Traxectoria Naceu nunha familia obreira do rural da República Federal Alemá. Estudou nun centro de formación profesional, comezou a traballar como aprendiz de soldador. En 1979 saíu do armario e comezou a escribir pequenas historias de banda deseñada para o fancine underground Zomix e o xornal gai Rosa Flieder, os dous en Múnic.

Entre 1981 e 1986 regresou aos estudos, cursando Belas Artes na Academia de Belas Artes de Düsseldorf. En 1981 tamén comezou a publicar álbums de seu, co seu primeiro título Sarius, que foi editado pola Rosa Winkel de Berlín. En 1987 publica o primeiro álbum con historia completa e longa, a primeira novela gráfica, co título de Kondom des Grauens.

Está traducido a uns 14 idiomas, e os seus álbums teñen acadado a cifra de 5 millóns de exemplares. Foi levado ao cine en catro ocasións.

Estilo A súa banda deseñada caracterízase por unha busca constante do humor, reproducindo situacións cómicas que lle suceden aos personaxes das comunidades gai-lésbicas de Alemaña: os seus personaxes, que se moven fundamentalmente en relación a estereotipos sexuais e físicos, teñen continuidade a través dalgunhas obras, incluso naquelas como Lysistrata ou Jago onde realiza digresións históricas á Grecia clásica ou á Inglaterra de Shakespeare.

O seu deseño é claro e fundamentalmente en branco e negro, con predominio das liñas sobre as masas. O resultado son debuxos que se achegan á caricatura de carácter cómico e grotesco.

Malia o seu ton humorístico ten tocado a miúdo temas serios, relacionados coa saída do armario, a homofobia ou a reacción cultural producida como consecuencia da sida.

Álbums Sarius, 1981 Das sensationelle Comic-Book, 1981 SchwulComix, 1981 SchwulComix 2, 1984 Macho Comix, 1984 SchwulComix 3, 1985 SchwulComix 4, 1986 Kondom des Grauens, 1987 Der bewegte Mann, 1987 Lysistrata, 1987 Pretty Baby, 1988 (continuación de Der bewegte Mann) Comics, Cartoons, Critzeleien, 1988 Safere Zeiten, 1988 Beach Boys, 1989 Prall aus dem Leben, 1989 Bis auf die Knochen, 1990 (continuación de Kondom des Grauens) Heiße Herzen, 1990 (con Detlev Meyer) Zitronenröllchen, 1990 Schwulxx-Comix, 1990 (con Walter Moers) Deutsche Tuntenpost, 1991 Bullenklöten!, 1992 ...und das mit links!, 1993 Konrad und Paul, 1993 Konrad und Paul 2, 1994 Konrad und Paul 3, 1997 Jago, 1998 Superparadise, 1999 (continuación de Bullenklöten) Poppers! Rimming! Tittentrimm!, 2001 Wie die Karnickel, 2002 Sie dürfen sich jetzt küssen, 2003 (terceira parte de Bullenklöten) Suck my duck, 2004 Roy und Al, 2004 Dschinn Dschinn: Der Zauber des Schabbar, 2005 Dschinn Dschinn 2: Schleierzwang im Sündenpful, 2006

Filmes Der bewegte Mann, 1994 Kondom des Grauens, 1996 (guión de Ralf König) Wie die Karnickel, 2002 (guión de Ralf König) Lisístrata, España 2002 (baseada en Lysistrata)

Premios Premio Joop Klepzeiker, 1988 Mellor debuxante de banda deseñada alemán, Grenoble, 1990 Premio Max e Moritz, 1992 Mellor debuxante de banda deseñada internacional, Barcelona, 1992 Bundesfilmpreis polo filme O home desexado, 1995 Goldene Leinwand mit Sternchen polo filme O home desexado, 1995 Goldener RIK, Colonia, 2002 Zivilcourage-Preis des Berliner CSD, Berlin, 2004 Prix Alph’Art, Angoulême, 2005 Premio miglior storia lunga, 2005 Premio Max e Moritz, 2006

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Ralf König

Categoría:Personalidades da cultura LGTB Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados na rexión de Arnsberg