A coordinación é, xunto á subordinación e a xustaposición, un dos tres procedementos de que se vale a linguaxe para unir dúas palabras, sintagmas ou proposicións entre si.
Características Á diferenza da xustaposición, a coordinación non utiliza pausas representadas na ortografía por puntos, comas e outros signos ortográficos, senón que utiliza nexos, e, á diferenza da subordinación, unha das proposicións non domina sobre a outra e posúe unha superior xerarquía, senón que ambas as proposicións posúen tan similar importancia que son de feito trocábeis sen se modificar en absoluto o significado global da oración composta que forman. Por exemplo, se dixemos:
Pedro lava (e, ou, pero) María cociña
Dixemos exactamente o mesmo que se invertemos a orde das proposicións:
María cociña (e, ou, pero) Pedro lava.
Ademais, as proposicións coordinadas posúen certa autonomía, de forma que se se separan ambas posúen sentido completo, o cal non acontece no caso das proposicións subordinadas:
Pedro lava.
María cociña.
Tipoloxía Existen distintos tipos de proposicións coordinadas. Son as copulativas, as disxuntivas, as adversativas, as distributivas e as explicativas. Coordinación copulativa É aquela que suma significados: Marido e muller. Pedro lava e Ana pásalle o ferro á roupa na súa casa. O nexo é e.
Coordinación disxuntiva É aquela que expresa alternativas, fundamentalmente de dous tipos:
As que se exclúen mutuamente entre si ou disxuntivas exclusivas: Vés ou quedas? As que non se exclúen entre si ou disxuntivas inclusivas: Estudas ou traballas? (Quen responde pode estudar ou traballar, pero tamén facer as dúas cousas; no caso de vés ou quedas? a elección determina a exclusión necesaria da outra alternativa).
O nexo é ou. As disxuntivas exclusivas poden antepor ou tamén á primeira proposición para reforzar o carácter exclusivo da elección: "[Ou] vés ou quedas".
Coordinación distributiva É aquela na cal se reparten accións en diversos momentos: Xa lava, xa pasa o ferro, xa frega... . Utiliza nexos descontinuos como xa... xa; ora... ora; ben... ben; e outros semellantes.
Coordinación explicativa É aquela na cal se di o mesmo de formas diferente. Utiliza nexos que van entre comas, como ou sexa, é dicir, isto é, mellor dito''...
Categoría:Gramática
en:Coordination (linguistics) es:Coordinación (gramática) fr:Coordination (grammaire) he:קואורדינציה sr:Координација