200px|miniatura|dereita|Cancellara líder do Tour. 200px|miniatura|dereita|Cancellara campión do mundo. Fabian Cancellara, nado o 18 de marzo de 1981 en Berna, é un ciclista suízo de orixe italiana. Fíxose profesional con 19 anos de idade, salientando axiña como corredor de contra o reloxo. Co paso dos anos foise convertendo no máximo especialista mundial na loita contra o cronómetro.

Palmarés O extenso palmarés de éxitos na carreira de Fabian Cancellara comezou pouco tempo despois de facerse profesional, aínda con 19 anos, acadando a medalla de prata na proba contra o reloxo dos mundiais de ciclismo sub-23 do ano 2000 celebrados na localidade francesa de Plouay. Os éxitos máis salientables da súa carreira son os seguintes: 20px Campionato do mundo de ciclismo contra o reloxo x4 (2006, 2007, 2009 e 2010). 20px Campionato de Suíza de ciclismo contra o reloxo x9 (2002, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2012, 2013, 2014). 20px Campionato de Suíza de ciclismo en ruta x2 (2009 e 2011). 18px Ouro olímpico de ciclismo contra o reloxo (2008) 18px Prata olímpica de ciclismo en ruta (en 2008) París-Roubaix x3 (2006, 2010 e 2013) Milán-San Remo (2008) Tirreno-Adriático (2008) Tour de Flandres x3 (2010, 2013 e 2014) Volta a Suíza (2009) E3 Harelbeke x3 (2010, 2011 e 2013) Nas Grandes Voltas 8 vitorias de etapa no Tour de Francia (1 en 2004, 2 en 2007, 1 en 2008, 1 en 2009, 2 en 2010 e 1 en 2012). 28 xornadas como maillot amarelo do Tour de Francia (2 en 2004, 7 en 2007, 6 en 2009, 6 en 2010 e 7 en 2012). 3 vitorias de etapa na Vuelta a España (2 en 2009). 5 xornadas como xersei ouro da Vuelta a España (as 5 en 2009). Carreira200120022003200420052006200720082009201020112012Giro de Italia - - - - - -Ab. -Ab.- - -Tour de Francia - - -109º128º -100º65º91º121º119ºAb.Vuelta a España - - - - -Ab. - -Ab.Ab.Ab. - Ab. = Abandono da carreira. — = Non participou.

Premios Fabian Cancellara foi honrado en 2010 co premio Vélo d'or, que recoñece ó mellor ciclista do mundo. Nos anos 2007 e 2008 quedou na segunda posición, e en 2006 e 2009 na terceira.

Equipos Mapei-Quick Step (2000-2002) Fassa Bortolo (2003-2005) Team CSC/Team Saxo Bank (2006-2010) Team CSC (2006-2008) até xuño Team CSC-Saxo Bank (2008) dende xullo Team Saxo Bank (2009-2010) Leopard-Trek/Radioshack-Nissan (2011-2016) Leopard-Trek (2011) Radioshack-Nissan (2012)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Fabian Cancellara Estatísticas de Fabian Cancellara en CQranking

Categoría:Ciclistas olímpicos de Suíza Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Berna Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Suíza Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Suíza Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo