Arturo Seara Fernández, nado o 18 de novembro de 1956 en Ourense como Arturo Fernández Seara e máis coñecido como Arturo Seara, é un exbaloncestista profesional galego. Cunha altura de 1,78 metros, destacou na posición de base. Foi internacional coa Selección Española xuvenil, coa que gañou a medalla de prata no Eurobasket de 1973, e coa sub-23. Porén, non chegou a xogar coa selección absoluta.

Traxectoria Gozou dos seus mellores anos coma xogador no FC Barcelona, club no que militou tres temporadas entre 1983 e 1986. Malia que era o base suplente de Solozábal, participou activamente na consecución dun Mundial de Clubs de Baloncesto e dúas Recopas de Europa. En 2019 mudou oficialmente o seu nome a Arturo Seara Fernández como homenaxe á súa nai. Após a súa retirada, foi director xeral do Club Baloncesto Valladolid.

Clubs Miñón Valladolid (1ª División / 1ª División B, 1976−1983) FC Barcelona (ACB, 1983−1986) Fórum Filatélico (ACB, 1986−1988) Tenerife Nº 1 (ACB, 1988−1990)

Palmarés Club Campión do Mundial de Clubs de Baloncesto (1): 1985 Campión da Recopa de Europa (2): 1985, 1986 Subcampión da Copa de Europa (1): 1984

Internacional Medalla de Prata no Eurobasket xuvenil de Angri'1973.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Arturo Seara en ACB

Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Tenerife AB Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes