Pérez, o ratiño dos teus soños (Título orixinal: El Ratón Pérez) é unha coprodución de animación hispano-arxentina dirixida por Juan Pablo Buscarini en 2006. Está producida por Castelao Productions, Filmax Animation e Patagonik Film Group.

Sinopse Lucía e a súa familia axudarán ao intrépido Ratiño Pérez a desbaratar os sinistros plans de Fugaz e Pipo, dous malvados ratos que desexan acabar con Pérez. Queren roubar os dentes de todos os nenos do mundo, convertelos en perlas e así se faceren ricos.

Premios A película acadou unha grande aceptación e logrou o recoñecemento con galardóns coma o Premio Goya á mellor película de animación en 2006 e o premio á mellor película de animación 2007 no XIV Festival de Cine Latino de San Diego (Estados Unidos, 2007).

Estrea A película estreouse na Arxentina o 13 de xullo de 2006, mentres que a estrea en España foi o 22 de decembro (onde foi dobrada en catro idiomas). En Galicia a estrea da película non estivo exenta de polémica, xa que a Mesa pola Normalización Lingüística criticou o escaso número de salas de cine nos que a película se ofreceu en galego, unha das linguas, xunto con castelán, catalán e éuscaro, ás que foi dobrada.

Notas

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Gañadores dos Premios Goya Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes da Arxentina