Beatriz Santana González-Dopeso, nada na Coruña o 18 de xuño de 1965, é unha actriz, directora e guionista galega. É filla do famoso tenista Manolo Santana e da galega María Fernanda González-Dopeso.

Traxectoria Entre 1994 e 1995 estudou na Escola de Letras de Madrid, e ó ano seguinte formouse na Escola de Imaxe e Son da súa cidade natal.

Ten traballado como actriz en series de televisión nacionais destacando o seu papel fixo durante varios anos na serie Al salir de clase. En cine rodou ás ordes de directores coma Carlos Romero Marchent José Luis Garci ou o galego Gustavo Balza.

Precisamente en Galicia traballou como guionista de varias das series da TVG como Terra de Miranda ou a exitosa A vida por diante e rodou a TV-movie Secuestrados en Xeorxia (2003) que lle valeu un nomeamento á mellor interpretación feminina protagonista nos Premios Mestre Mateo 2003.

Tamén conta cunha importante experiencia teatral. O último espectáculo no que participou ata o momento foi Misterioso asesinato en Manhattan, en 2007, xunto a Enrique San Francisco, Raúl Cimas entre outros.

Filmografía como actriz Cine Oficio de muchachos (1986), de Carlos Romero Marchent. Como Maite. Huidos (1993), de Sancho Gracia. La Lola se va a los puertos (1993), de Josefina Molina. Como Rocío. Cautivos de la sombra (1994), de Javier Elorrieta. Como Maika. Apatruyando la ciudad (1995), de Juan Lesta. La herida luminosa (1997), de José Luis Garci. Como Julia. Amaneció de golpe (1998), de Carlos Azpúrua. Como Paloma. Inmaculada (1999), de José Luís Ducid. Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza. Como Bea.

Televisión Segunda Enseñanza (1986), de Pedro Masó. Gatos en el tejado (1988), de Alfonso Ungría. Muerte a destiempo (1989), de Javier Maqua. Sara y Punto (1990) Para Elisa (1993), de José Antonio Arévalo e Pascual Cervera. Una gloria nacional (1993), de Jaime de Armiñán. ¡Ay, Señor, Señor! (1994), de Julio Sánchez Valdés. Vecinos (1994), de Juan Julio Baena. Hermanos de leche (1994), de Miguel Ángel Ibáñez. Compañeros (1998), de Manuel Ríos San Martín. Al salir de clase (1998-2000), de Pascal Jongen. Fuera de control (2006), de Pablo Barrera.

Teatro Métele caña Un espíritu burlón Todo en el jardín (2003) Por amor al arte (2003) Donde pongo la cabeza (2006) Misterioso asesinato en Manhattan (2007)

Filmografía como guionista Cine ¿A ti como se che di Adeus? (1997) (curtametraxe) Todo lo feliz que se puede ser (1998) (curtametraxe) Antonio, Jorge y Luis (1998) (curtametraxe) Antonio, Jorge y Luis se casan (2001) (curtametraxe) Todabia (2003) Promedio Rojo (2004) Alguén externo (2006)

Televisión Al salir de clase (2000) Caso de corte (2001) (TV-movie) La luz apagada (2001) (TV-movie) Terra de Miranda (2002) Miña sogra e máis eu (2005) A vida por diante (2006)

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Axencia Audiovisual Galega Consello da Cultura Galega

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1965