Henrique Manuel Rabuñal Corgo, nado en Pastoriza (Arteixo) o 6 de novembro de 1962, é un profesor, escritor e crítico literario galego.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo posteriormente o doutoramento. A súa tese doutoral foi publicada en 1994 co título Textos e Contextos do Teatro Galego (1671-1936). Esta obra converteuno definitivamente nun dos máis prestixiosos estudosos sobre teatro galego, se ben xa dera a coñecer esta súa faceta durante a celebración do II Congreso Internacional de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa (organizado pola AGAL, da que é socio), ao cal acudiu co traballo: "Contribuiçom ao estudo do Entremez famoso sobre a pesca no rio Minho". Tamén é Diplomado en Lingua Portuguesa pola Universidade de Coímbra.
Nacionalista galego, Henrique Rabuñal traballou desde moi novo en asociacións de corte galeguista por el mesmo fundadas (A Nova Mocidade e Xiada). Foi presidente e directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega. É catedrático de lingua e literatura galegas con destino no IES Agra do Orzán da Coruña logo de exercer nos Institutos de Foz, Salvador de Madariaga, Manuel Murguía, Paseo das Pontes, Rafael Dieste e Ramón Menéndez Pidal, e tamén foi profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC. Henrique Rabuñal cultivou a narrativa e especialmente a poesía, ensaio e teatro.
Manuel Murguía, Marinhas del Valle, Carvalho Calero, o Padre Sarmiento, Lugrís Freire, Xosé María Álvarez Blazquez ou Manuel María foron obxecto dos seus estudos en moitas ocasións. Ten colaborado en numerosas revistas e xornais.
Obra Narrativa Epistolário em catro tempos (1985). Ediciós do Castro. A fariña das horas (1998). Espiral Maior. 112 páxs. ISBN 9788489814523. Susana Mourelle Troitín (2002). Edición en Internet. Ollos negros (2004). Espiral Maior. 118 páxs. ISBN 9788495625281.
Poesía Paixom e morte dum condenado (1984). Ediciós do Castro. Poemas da luz e da loucura (1992). Espiral Maior. 80 páxs. ISBN 9788488137043. O tempo demorado nos marmelos (2000). Espiral Maior. 88 páxs. ISBN 9788489814905. O cristal da sede (2006). Espiral Maior. 152 páxs. ISBN 84-96475-35-2. Recompilación da súa poesía.
Teatro A Noite da Noites (1985). Cadernos da Escola Dramática Galega. Desesperados (1990). En Renovação, 2. Oratio Mare (O Cântico de Orfeu) (1992). En: Olláparo, 11;1992, Cadernos da Escola Dramática Galega, 95). Mumias no País de Luzetro (2000). En Cadernos de Teatro, 2ª época, 2. Teatro incompleto (2009). Laiovento. 87 páxs. ISBN 978-84-8487-161-4.
Ademais doutras pezas que viron a luz en diferentes publicacións.
Ensaio Textos e contextos do teatro galego (1671-1936) (1994). Laiovento. 252 páxs. ISBN 978-84-87847-39-0. A Coruña na historia (1999). A Nosa Terra. 64 páxs. ISBN 9788489976719. Manuel Martínez Murguía (1999) A Nosa Terra. ISBN 9788489976702. Manuel Murguía (1999). Laiovento. 180 páxs. ISBN 978-84-89896-52-6. Traducido ao castelán no 2006, en Laiovento, por Xosé Manuel Fernández Costas. ISBN 9788484870999. Jenaro Marinhas del Valle. A vida escura (2000). Laiovento. 108 páxs. ISBN 978-84-89896-74-7. O Padre Sarmiento. Arquivo da Lingua e Cronista da Patria (2002). Espiral Maior. ISBN 84-95625-39-3. Palabra e Patria (2005) Laiovento. 197 páxs. ISBN 978-84-8487-069-3. Manuel Lugrís Freire (2006). A Nosa Terra. 79 páxs. ISBN 84-8341-016-8. Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta (2008). Laiovento. 87 páxs. ISBN 978-84-8487-134-7. O teatro en Jenaro Marinhas del Valle (2009). Universidade da Coruña. 218 páxs. ISBN 978-84-8749-363-5. Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra (2020). Galaxia. 208 páxs. ISBN 978-84-9151-436-7. Murguía: cen anos despois (2023). Santiago: Laiovento. 138 páxs. ISBN 9788484876090.
Edicións O marinheiro, de Fernando Pessoa (1985), Cadernos da Escola Dramática Galega. La primera luz. Libro de lectura para uso de las escuelas de primeras letras de Galicia. Manuel Murguía (2000). Ed. facsímile. Edicións Xerais de Galicia, S. A. e San Luis en Vigo. Prólogo de Xesús Alonso Montero, edición e estudo de Henrique Rabunhal (en galego). ISBN 84-830-2539-6. Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). Espiral Maior. 95 páxs. ISBN 9788496475854.
Homenaxes e obras conxuntas Estudo crítico das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982 (1983, AGAL. 2ª edición en 1989). V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado). VI Festival da Poesia no Condado (1986, S. C. D. Condado). Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1986, AGAL). As Weissleiver, en Concurso de Cuentos Galaico-Leonés (1987, Casa de Galicia de León). Homenagem ao Professor Carvalho Calero (1987). Muralla de Crescórnio (1989). A severa sinagoga, en Fogo cruzado (1989, AGAL). O mar de adentro (1990, Edicións do Dragón). Carlos Casares, Ilustrísima: curso de orientación universitaria (1993, Baía Edicións). Con Xosé Manuel Fernández Costas. Luz Pozo Garza: Códice Calixtino: curso de orientación universitaria (1993, Baía Edicións). Con Xosé Manuel Fernández Costas. Xosé Luís Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias: curso de orientación universitaria (1993, Baía Edicións). Con Xosé Manuel Fernández Costas. Novo do trinque (1997, BNG). Palabras airadas (1998, Laiovento). Instantes dunha vida: Manuel Murguía, Día das Letras Galegas, Arteixo 2000, un nome, un pobo, unha data (2000, Concello de Arteixo). Con Felipe Senén e Xosé Ramón Barreiro. Manuel Murguía e Arteixo (2000, Espiral Maior). Tecendo Panos (2000, Laiovento). Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003). Negra Sombra. Intervención Poética contra a Marea Negra (2003, Espiral Maior). Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG). A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium). Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María). Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora). Vivir na Coruña: unha forma de habitar a cidade (2010, Concello da Coruña). Con fotografías de Xurxo Lobato. O Banco da Xente, en Banqueiros (2012, Laiovento). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). As Irmandades da Fala (1916-1931) (2016, Laiovento). Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
Premios 1º Premio do Concurso de Teatro Breve do Facho no 1984, por A Noite das Noites. 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1989, por 80 centímetros cúbicos. Premio Carvalho Calero de ensaio en 1998, por Manuel Murguía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Blog do autor
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Nados en Arteixo Categoría:Nados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela