O Premio Cervantes, foi instituído en 1975 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura de España.

Trátase do Premio Nacional de Literatura. Está recoñecido coma o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra dun autor en lingua castelá cuxa contribución ó patrimonio cultural hispánico fora decisiva. Xeralmente premiase a un español e a un latinoamericano, aproximadamente en forma alternativa, dando así o número de máis da metade de premiados a escritores moitas veces descoñecidos a nivel mundial do país que outorga o premio, e o resto repartido a grandes escritores de América.

En 2019, está dotado con 125.000 euros e toma o seu nome do autor Miguel de Cervantes, autor da que se considera a máxima obra da literatura castelá, Don Quixote da Mancha.

Historia e características A súa primeira edición tivo lugar de xeito efectivo no ano 1976. O Premio Cervantes non pode ser dividido, declarado deserto ou ser concedido a título póstumo, segundo as normas que se estableceron despois de que na edición de 1979 o xurado decidira concederlles o premio "ex aequo" ó español Gerardo Diego e ó arxentino Jorge Luis Borges.

Os candidatos ó Premio Miguel de Cervantes son propostos polo pleno da Real Academia Española, polas Academias da Lingua dos países de fala hispana e polos gañadores en pasadas edicións.

O xurado está integrado polo director da Real Academia Española, o presidente dunha das Academias da Lingua Española de Hispanoamérica, que vai cambiando cada ano, o premiado na edición anterior e oito personalidades do mundo académico, literario ou universitario, españois ou hispanoamericanos, de recoñecido prestixio.

O 23 de abril de cada ano, coincidindo coa data na que se conmemora a morte de Miguel de Cervantes, o rei de España, Filipe VI, preside a entrega deste galardón no Paraninfo da Universidade de Alcalá. Neste acto solemne, o rei, o ministro de Cultura español e o autor galardoado pronuncian un discurso no que se glosa a vida e produción literaria do premiado, a obra de Cervantes e os autores clásicos da lingua española, así coma sobre o estado do idioma.

Lista de gañadores do Premio Cervantes <center> Edición <center> Ano Foto Autor País 1ª1976centro|senmarco|131x131pxJorge Guillén2ª1977centro|senmarco|159x159pxAlejo Carpentier3ª1978centro|senmarco|100x100pxDámaso Alonso4ª1979centro|senmarco|151x151pxJorge Luis Borgescentro|senmarco|126x126pxGerardo Diego5ª1980centro|senmarco|153x153pxJuan Carlos Onetti6ª1981centro|senmarco|154x154pxOctavio Paz7ª1982Luis Rosales8ª1983centro|senmarco|144x144pxRafael Alberti9ª1984centro|senmarco|152x152pxErnesto Sabato10ª1985centro|senmarco|150x150pxGonzalo Torrente Ballester11ª1986centro|senmarco|113x113pxAntonio Buero Vallejo12ª1987centro|senmarco|134x134pxCarlos Fuentes13ª1988centro|senmarco|100x100pxMaría Zambrano14ª1989centro|senmarco|126x126pxAugusto Roa Bastos15ª1990centro|senmarco|138x138pxAdolfo Bioy Casares16ª1991centro|senmarco|142x142pxFrancisco Ayala17ª1992centro|senmarco|133x133pxDulce María Loynaz18ª1993centro|senmarco|100x100pxMiguel Delibes19ª1994centro|senmarco|132x132pxMario Vargas Llosa20ª1995centro|senmarco|132x132pxCamilo José Cela21ª1996José García Nieto22ª1997centro|senmarco|126x126pxGuillermo Cabrera Infante23ª1998centro|senmarco|133x133pxJosé Hierro24ª1999centro|senmarco|127x127pxJorge Edwards25ª2000centro|senmarco|100x100pxFrancisco Umbral26ª2001centro|senmarco|153x153pxÁlvaro Mutis27ª2002centro|senmarco|132x132pxJosé Jiménez Lozano28ª2003centro|senmarco|129x129pxGonzalo Rojas29ª2004centro|senmarco|100x100pxRafael Sánchez Ferlosio30ª2005Sergio Pitol31ª2006centro|senmarco|136x136pxAntonio Gamoneda32ª2007centro|senmarco|104x104pxJuan Gelman33ª2008centro|senmarco|116x116pxJuan Marsé34ª2009centro|senmarco|100x100pxJosé Emilio PachecoABC, 30 de novembro de 2009 .35ª2010centro|senmarco|155x155pxAna María Matute36ª2011centro|senmarco|112x112pxNicanor Parra37ª2012centro|senmarco|150x150pxJosé Manuel Caballero Bonald38ª2013centro|senmarco|147x147pxElena Poniatowska39ª2014centro|senmarco|129x129pxJuan Goytisolo40ª2015centro|senmarco|151x151pxFernando del Paso41ª2016centro|senmarco|133x133pxEduardo Mendoza42ª2017centro|senmarco|100x100pxSergio Ramírez43ª2018centro|senmarco|145x145pxIda Vitale44ª2019centro|senmarco|141x141pxJoan Margarit45ª2020centro|senmarco|100x100pxFrancisco Brines46ª2021centro|senmarco|143x143pxCristina Peri Rossi47ª2022centro|senmarco|100x100pxRafael Cadenas48ª2023centro|senmarco|123x123pxLuis Mateo Díez49ª2024centro|senmarco|100x100pxÁlvaro Pombo50ª2025centro|senmarco|100x100pxGonzalo Celorio Blasco

Premios Cervantes por países Datos actualizados a novembro de 2025.

<center>País Premios 26 7 4 3 3 3 1 1 111

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ministerio de Cultura, premio "Miguel de Cervantes". PREMIO CERVANTES: RAFAEL CADENAS, el poeta venezolano, ENCUENTRO con los medios | RTVE