Os Premios Pulitzer son unha serie de 21 galardóns que abranguen as modalidades de teatro, literatura, música e xornalismo, e que se entregan cada ano arredor do mes de abril nos Estados Unidos, sendo a máxima distinción á tarefa profesional do xornalismo naquel país. Historia No seu testamento, redactado en 1904, Joseph Pulitzer chama á creación deste premio co obxectivo de estimular a excelencia. El menciona nese momento soamente trece premios, dos que catro eran para o xornalismo, catro para o dominio da literatura e o teatro e un para a educación. Sensible ós cambios da súa época, Pulitzer constituíu unha comisión de vixilancia consultiva e deulle o poder de substituír certos temas, sempre que a comisión xulgue que iso íría en beneficio do público. Deulle igualmente o dereito de non outorgar o premio se ningunha obra corresponde ós criterios de excelencia do xurado.

Conforme a vontade de Pulitzer, é o presidente da Universidade de Columbia quen anuncia e outorga os premios segundo recomendación do xurado. Pero en realidade, a comisión actualmente é independente e decide soa a atribución dos premios.

Os premios concedéronse por primeira vez o día 4 de xuño de 1917. Desde aquela foron ininterrompidamente outorgados pola Universidade de Columbia en colaboración co Padroado do Premio Pulitzer (Pulitzer Prize Board). Desde hai anos outórganse durante o mes de abril. O premio á mellor fotografía de prensa concedeuse por primeira vez no ano 1942, e o premio á mellor composición musical no ano 1943. Entre os anos 1970 e 1979 creáronse os premios de ensaio, crítica e ficción literaria.

Só as reportaxes e fotografías de diarios (ou noticiarios diarios) con sede central nos Estados Unidos poden ser propostos coma candidatos ós premios na categoría de xornalismo.

O premio vai acompañado dun cheque de 10.000 dólares (USD), agás o Premio ó Servizo Público - o máis importante - ó que se lle outorga a medalla de ouro.

Categorías miniatura|Joseph Pulitzer Estas son as categorías da edición do 2005: Servizo Público - Por un exemplo distinguido de diario cun meritorio e destacado servizo público a través do uso dos seus recursos xornalísticos, que poden incluír editoriais, tiras cómicas, e fotografías, así como tamén os artigos e reportaxes. Reportaxe Divulgativa - Por un exemplo destacado de reportaxe ilustrativa sobre un tema complexo e significado, demostrando dominio da temática, escritura lúcida e clara presentación. Editorial - Por un editorial destacado, con excelentes textos e sonoridade, estilo claro, propósitos morais, e poder de influencia na opinión pública. Reportaxe de Impacto -Por un exemplo destacado de reportaxe de impacto caracterizada por un seguimento detallado e mantido sobre unha actividade ou tema concreto. Artigo de Fondo - Por un exemplo distinguido de artigo de fondo dando consideración prioritaria á elevada calidade literaria e á orixinalidade. Reportaxes de Noticias de Última Hora - Para un exemplo destacado de reportaxe de ámbito local sobre noticias de última hora. Fotografías de Noticias de Última Hora - Por un exemplo destacado de fotografías en branco e negro ou cor sobre noticias de última hora, que poden consistir nunha ou varías fotografías, unha secuencia ou un álbum. Periodismo Nacional - Por un exemplo destacado de reportaxe sobre asuntos internos dos Estados Unidos. Xornalismo Internacional - Por un exemplo distinguido de reportaxe sobre asuntos internacionais, incluíndo a correspondencia coa Organización das Nacións Unidas (ONU). Periodismo de Investigación - Por un exemplo destacado de reportaxe de investigación individual ou dun equipo de traballo, presentado coma un artigo illado ou coma unha serie de artigos. Fotografía de Reportaxe - Por un exemplo distinguido de fotografía en branco e negro ou cor, que pode consistir nunha fotografía ou fotografías, unha secuencia ou un álbum sobre unha temática de fondo. Crónica - Por unha crónica destacada. Crítica - Por unha crítica destacada. Caricatura Editorial - Por unha distinguida caricatura ou tira cómica ou compilación de tiras publicadas durante o ano, caracterizadas pola orixinalidade, eficacia editorial, calidade dos debuxos, e efectos pictóricos.

Existen tamén cinco categorías para as letras: Biografía o Autobiografía - Para unha distinguida biografía ou autobiografía de autor estadounidense. Obras Literarias de Ficción - Para unha obra de ficción distinguida dun autor estadounidense, preferentemente relacionada coa vida nos Estados Unidos. Obras de Ámbito Xeral e Non Ficción - Para unha obra distinguida de non-ficción dun autor estadounidense que non pode concursar noutra categoría. Historia - Para unha obra distinguida sobre a historia dos Estados Unidos. Poesía - Para un volume enteiro que conteña un verso orixinal distinguido dun autor estadounidense.

En humanística hai dous categorías máis que se engadiron recentemente: Teatro Música

Tamén houbo moitos Premios Pulitzer especiais. Ademais dos premios, catro membros do estudantado da Pulitzer Graduate School of Journalism, seleccionados polo profesorado, son premiados con bolsas de viaxe.

Os novos tempos A xunta que entrega todos os anos o Premio Pulitzer como distinción xornalística —en vista de que os diarios usan cada vez máis Internet para divulgar, apoiar e destacar o seu traballo— outorgou a partir do 2006 un premio ós traballos publicados en Internet.

A categoría de Servizo Público, considerada a de maior prestixio, xa aceptou material de Internet desde 1999. Esta categoría continuará aceptando varios tipos de traballo por Internet, coa inclusión de vídeo, bases de datos e cronoloxías. A novidade radica en que as outras 13 categorías de xornalismo permitiron contido da rede por primeira vez. Os Premios Pulitzer de 2006 foron anunciados o 17 de abril.

Premios que xa non se outorgan Ó longo dos anos, algúns premios deixáronse de outorgar, ben porque se expandiron ou renomearon, ou ben porque quedaron obsoletos polos adiantos tecnolóxicos. Eran os premios de: Correspondencia Postal Xornalismo Divulgativo (pasou a ser o de Reportaxe Divulgativa) Reportaxes de Ámbito Xeral Reportaxes de Noticias Locais Reportaxes Locais de Investigación Especializada Xornalismo Local Reportaxes Locais, a tempo para Edición Reportaxes Locais, a destempo para a Edición Fotografía (pasou a ser o de Fotografía de Reportaxe) Reportaxes Internacionais por Telégrafo (pasou a ser o de Xornalismo de Asuntos Internacionais) Reportaxes Nacionais (pasou a ser o de Xornalismo Nacional) Novela (pasou a ser o de Obras Literarias de Ficción)

Lista de persoas premiadas Novela 1918: Ernest Poole (His Family) 1919: Booth Tarkington (The Magnificent Ambersons) 1920: non concedido 1921: Edith Wharton (A idade da inocencia) 1922: Booth Tarkington (Alice Adams) 1923: Willa Cather (One of Ours) 1924: Margaret Wilson (The Able McLaughlins) 1925: Edna Ferber (So Big) 1926: Sinclair Lewis (Arrowsmith) 1927: Louis Bromfield (Early Autumn) 1928: Thornton Wilder (The Bridge of San Luis Rey) 1929: Julia Peterkin (Scarlet Sister Mary) 1930: Oliver La Farge (Laughing Boy) 1931: Margaret Ayer Barnes (Years of Grace) 1932: Pearl S. Buck (The Good Earth ) 1933: Thomas Sigismund Stribling (The Store) 1934: Caroline Miller (Lamb in His Bosom) 1935: Josephine Winslow Johnson (Now in November) 1936: Harold L. Davis (Honey in the Horn) 1937: Margaret Mitchell (Gone with the Wind ) 1938: John Phillips Marquand (The Late George Apley) 1939: Marjorie Kinnan Rawlings (The Yearling) 1940: John Steinbeck (The Grapes of Wrath) 1941: non concedido 1942: Ellen Glasgow (In This Our Life) 1943: Upton Sinclair (Dragon's teeth) 1944: Martin Flavin (Journey in the Dark) 1945: John Hersey (A Bell for Adano) 1946: non concedido 1947: Robert Penn Warren (All the King's Men) 1948: James A. Michener (Tales of the South Pacific) 1949: James Gould Cozzens (Guard of Honor) 1950: Alfred Bertram Guthrie, Jr. (The Way West) 1951: Conrad Richter (The Town) 1952: Herman Wouk (The Caine Mutiny) 1953: Ernest Hemingway (O vello e o mar) 1954: non concedido 1955: William Faulkner (A Fable) 1956: MacKinlay Kantor (Andersonville) 1957: non concedido 1958: James Agee (A Death In The Family,) 1959: Robert Lewis Taylor (The Travels of Jaimie McPheeters) 1960: Allen Drury (Advise and Consent) 1961: Harper Lee (Matar un ruiseñor) 1962: Edwin O'Connor (The Edge of Sadness) 1963: William Faulkner (The Reivers) 1964: non concedido 1965: Shirley Ann Grau (The Keepers of the House) 1966: Katherine Anne Porter (The Collected Stories of Katherine Anne Porter) 1967: Bernard Malamud (The Fixer) 1968: William Styron (The Confessions of Nat Turner) 1969: Navarre Scott Momaday (House Made of Dawn) 1970: Jean Stafford (Collected Stories) 1971: non concedido 1972: Wallace Stegner (Angle of Repose) 1973: Eudora Welty (The Optimist's Daughter) 1974: non concedido 1975: Michael Shaara (The Killer Angels) 1976: Saul Bellow (Humboldt's Gift) 1977: non concedido 1978: James Alan McPherson (Elbow Room) 1979: John Cheever (The Stories of John Cheever) 1980: Norman Mailer (The Executioner's Song) 1981: John Kennedy Toole (A conxura dos necios) 1982: John Updike (Rabbit Is Rich) 1983: Alice Walker (The Color Purple) 1984: William Kennedy (Ironweed) 1985: Alison Lurie (Foreign Affairs) 1986: Larry McMurtry (Lonesome Dove) 1987: Peter Taylor (A Summons to Memphis) 1988: Toni Morrison (Beloved) 1989: Anne Tyler (Breathing Lessons) 1990: Oscar Hijuelos (The Mambo Kings Play Songs of Love) 1991: John Updike (Rabbit At Rest) 1992: Jane Smiley (A Thousand Acres) 1993: Robert Olen Butler (A Good Scent from a Strange Mountain) 1994: Edna Annie Proulx (The Shipping News) 1995: Carol Shields (The Stone Diaries) 1996: Richard Ford (Independence Day) 1997: Steven Millhauser (Martin Dressler: The Tale of an American Dreamer) 1998: Philip Roth (Pastoral americana) 1999: Michael Cunningham (The Hours) 2000: Jhumpa Lahiri (Interpreter of Maladies) 2001: Michael Chabon (The Amazing Adventures of Kavalier & Clay) 2002: Richard Russo (Empire Falls) 2003: Jeffrey Eugenides (Middlesex) 2004: Edward P. Jones (The Known World) 2005: Marilynne Robinson (Gilead) 2006: Geraldine Brooks (March) 2007 Cormac McCarthy (A estrada) 2008 Junot Díaz (The Brief Wondrous Life of Oscar Wao) 2009 Elizabeth Strout (Olive Kitteridge) 2010 Paul Harding (Tinkers) 2011 Jennifer Egan (A visit From the Goon Squad) 2012 non concedido 2013 Adam Johnson (The orphan master's son) 2014 Donna Tartt (The Goldfinch) 2015 Anthony Doerr (All the Light We Cannot See,) 2016 Viet Thanh Nguyen (The Sympathizer) 2017 Colson Whitehead (The Underground Railroad) 2018 Andrew Sean Greer (Less)

Poesía 1918 Sara Teasdale (Love Songs) 1919 Carl Sandburg (Corn Huskers) 1919 Margaret Widdemer (Old Road to Paradise) 1920 non concedido 1921 non concedido 1922 Edwin Arlington Robinson (Collected Poems) 1923 Edna St. Vincent Millay (The Ballad of the Harp-Weaver...) 1924 Robert Frost (New Hampshire: A poem With Notes...) 1925 Edwin Arlington Robinson (The Man Who Died Twice) 1926 Amy Lowell (What's O'Clock) 1927 Leonora Speyer (Fiddler's Farewell) 1928 Edwin Arlington Robinson (Tristram) 1929 Stephen Vincent Benet (John Brown's Body) 1930 Conrad Aiken (Selected Poems) 1931 Robert Frost (Collected Poems) 1932 George Dillon (The Flowering Stone) 1933 Archibald MacLeish (Conquistador) 1934 Robert Hillyer (Collected Verse) 1935 Audrey Wurdemann (Bright Ambush) 1936 Robert P. T. Coffin (Strange Holiness) 1937 Robert Frost (A Further Range) 1938 Marya Zaturenska (Cold Morning Sky) 1939 John Gould Fletcher (Selected Poems) 1940 Mark Van Doren (Collected Poems) 1941 Leonard Bacon (Sunderland Capture) 1942 William Rose Benet (The Dust Which Is God) 1943 Robert Frost (A Witness Tree)