Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A Estrada

dereita|miniatura|250px|Estrada en Niigata, Xapón. Unha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.

Unha das grandes impulsoras da evolución viaria foi a civilización romana, deixando ata hoxe (e aínda en boas condicións) unha vasta rede de estradas.

Véxase tamén miniatura|esquerda|250px|Estrada romana en Herculano. Outros artigos Autoestrada Autovía Impacto ambiental de vías terrestres Enxeñería de tráfico (transporte)

Ligazóns externas Mapa de estradas e itinerarios de España.

Categoría:Estradas