Xerión é unha banda ourensá de folk/black, fundada no 2000. Nocturno, fundador da banda, define o seu estilo como Metal Galaico Extremo."Xerión, 20 anos de metal galaico extremo: Entrevista a Nocturno" 19/11/2021.
Historia
Xerión naceu a comezos do ano 2000 como proxecto en solitario do cantante, Nocturno, que empezou a traballar nas primeiras melodías e letras. O nome da banda procede da mitoloxía celta de Galiza.
Así, en maio e xuño do mesmo ano e na soidade do seu pequeno estudo de gravación (Estudios Breogán) deu forma aos primeiros cinco temas que formarían parte do primeiro traballo, O espírito da fraga. Dita demo foi autoeditada baixo o selo que Nocturno leva coa súa compañeira Daga, Nigra Mors, ao igual que case tódolos traballos da banda.
No ano 2002 graváronse dous traballos máis, O trono de Breogán e A harpa do guerreiro, editados e distribuídos por cadansúa discográfica francesa, Taran Productions e Gorification Musix respectivamente. Chegaron tamén os primeiros compartidos con bandas nacionais, Foscor primeiro e Cryfemal despois, así coma reedicións das últimas demos a través de Nigra Mors e Wolf Records, que conseguen que o nome de Xerión se dea a coñecer alén de Galiza.
En agosto de 2002 Daga comezou a formar parte do proxecto tocando o teclado, e a finais de ano Nocturno comezou a buscar outros membros para poder ofrecer os primeiros concertos de Xerión. Logo dalgunhas idas e voltas, sumáronse Lovo á guitarra e Notna ao baixo. Xunto cunha caixa de ritmos ofrécense os primeiros concertos por Galiza a finais do 2003 e no 2004, no que incluso visitan Euskadi.
Chegaron tamén novos traballos coa nova formación. O diaño das tebras editouse no 2005 nun cd compartido cos vascos Nakkiga e Omendark a través de Oniric Records, e Na mística procura de Amh-ghad-ari, editado no mesmo 2005 nun cd compartido coa banda portuguesa Decayed, tamén a través de Nigra Mors. En ditos traballos contouse coas colaboracións especiais de Leonardo no violín e O Rei Celta No Exilio na gaita irlandesa.
A comezos do 2006, xa con Aboriorth no posto de batería, e logo de ofrecer o primeiro concerto en Portugal, no IV Metal Attack de Covilhâ, Nocturno decide volver aos comezos e que Xerión volte a ser un proxecto en solitario. Posteriormente, con Daga como membro fixo, seguíronse a editar traballos en solitario e compartidos, con xiras puntuais que levaron a Xerión a países como México ou Serbia.
A banda ten publicado numerosos discos compartidos con agrupacións de diferentes procedencias ao longo da súa traxectoria. Ademais dos xa mencionados con Foscor ou Cryfemal, teñen lanzado traballos xunto a Nakkiga, Omendark, Decayed, Black Empire, Kratornas, Maras, The True Endless, Zaklon, Borgne, Crystalline Darkness, Wargoatcult, Forest of Doom, Briargh, Sentimen Beltza, Doom of Valyria, Koltum, Kolac, Hereticum, Terrorsaw, Aboriorth, Rèstia, Bruma Oscura, Aura, Death Altar, Antiquus Scriptum, Tenebrositas, Sordida Nox, Nados na Escuridade, VRK, Niebla Funeraria, Ereshkigal, Talog, Paranoid Existence ou Dioivo.
No Día da Patria Galega de 2026 saíu a compilación XXV Invernos na Fraga Sombría: Tributo a Xerión, na que 14 bandas versionan diferentes cancións do dúo ourensán para celebrar os seus 25 anos de traxectoria.
Discografía
O Espírito da Fraga (demo), (2001) O Trono de Breogán (demo), (2002) Xerión/Foscor (split), (2003) Cryfemal Vs. Xerión (split), (2003) A Harpa do Guerreiro (demo), (2004) Hymns To Satan / Na Mística Procura De Amh-ghad-ari (split), (2005) Ipar Basoetan/Na Fraga Do Norte (split), (2005) Cryfemal & Xerión (split), (2005) Concentric Ways Of The Ancient Cult (split), (2007) Nocturnal Misantropia (2007) Through the Lands of Ancient Makedon / Na Busca do Primixenio (Split), (2007) Pálida Morte, Negra Sombra (EP), (2009) Tribute to Abyssic Hate - Suicide for Your Solution (Split), (2010) Cantares das loitas esquecidas (Full-length), (2010) Wargoatcult / Xerión (Split), (2011) Pagan Brotherhood / Os Disonantes Cánticos Das Árbores Mortas (Split) (2012) O diaño das tebras (Compilation) (2012) Pagan Spirit (Split) (2012) Choiva das Árbores Mortas (Compilation) (2012) Koltum / Xerión (Split) (2013) Kolac / Xerión (Split) (2013) As 117 Lúas (Compilation) (2013) Legatvm Damnatorvm (Split) (2014) Ulfxurz (Full-length) (2014) Ser, Eu, Morte, Neosofía (Split) (2014) A Hoste Antiga do Luceiro (EP) (2015) Rèstia / Xerión / Bruma Obscura (Split) (2015 ) Aura / Xerión (Split) (2016) Escarnio, maldizer e Morte (Full-length) (2016) Invocacións no Altar da Morte (Split) (2017) ... Parábolas, Fantasías & Quimeras... (Unha Alianza Lusitana e Galega de Honra e Sangue) (Split) (2017 ) Na fraga estremecida (EP) (2017) O Espírito da Fraga / O Trono de Breogán (Compilation) (2018) Tenebrositas / Xerión (Split) (2018) A Essência do Abismo (Full-length) (2019) Derradeira Saudade na lua Lânguida (EP) (2019) Ar de Dança no Infinito (EP) (2020) Negro Círculo Minhoto II (Split) (2020) Niebla Funeraria / Xerión (Split) (2020) O Nada no Caos Infinito (Full-length) (2020) Danças de Agonia e Peste (EP) (2020) O Nada no Caos Infinito / Danças de Agonia e Peste (Boxed set) (2020) Ruína e Decadência (EP) (2021) Morgana (demo) (2021) Lamento luminescente (EP) (2021) Lamento luminescente (Split) (2021) Nos Nati Sumus de Tenebris (Split) (2021) Drou (EP) (2022) Sombras nas Pedras do Dragom do Tempo (EP) (2023) Sussurros dos Bosques Antigos (Split) (2025) Sesión Demosónico / De Mouras e Meigalhos (Split) (2025)
Membros Nocturno: voces, baixo e guitarras. Daga: teclados.
Antigos membros Aboriorth: batería. Tamén membro de The Last Twilight. Iron: guitarras. Lovo: guitarra principal. Notna: baixo. Magog Agog: batería. Tamén membro de Barbarian Prophecies. Leonardo: violín. Piska: batería.
Véxase tamén Ligazóns externas www.otronodexerion.com
Categoría:Grupos musicais de Ourense Categoría:Grupos musicais de black metal Categoría:Música de Galicia sen imaxes