Alberto Contador Velasco, nado en Pinto, Madrid, o 6 de decembro de 1982, é un exciclista español, especialista en tiradas de montaña, e comentarista deportivo.

Traxectoria deportiva Alberto Contador debutou como profesional en 2003 co equipo ONCE-Eroski, que nese ano cambiaría de patrocinador e pasaría a chamarse Liberty Seguros. En 2005 aparécelle un coágulo de sangue no cerebro debido a unha grave caída na primeira tirada da Volta a Asturies, do que tivo que ser operado. O coágulo produciuse por un cavernoma, unha malformación xenética dunha arteria.

Meses despois, o seu nome aparecía implicado a canda o doutros coñecidos ciclistas (Jan Ullrich, Ivan Basso, Óscar Sevilla, Francisco Mancebo) na Operación Puerto dirixida a detectar casos de dopaxe no ciclismo. Naquela altura, a dopaxe no deporte non era un delito en España e a investigación da Garda Civil centrouse no posíbel delito contra a saúde pública cometido polos responsábeis da rede. Contador, como os outros 57 ciclistas identificados como clientes da rede, non foi acusado nin investigado, pero o seu equipo non puido participar no Tour de 2006.

En 2007 fichou polo estadounidense Discovery Channel, co que se proclamou vencedor do Tour de Francia, logo da retirada do anterior líder Michael Rasmussen, apartado polo seu equipo por faltar á disciplina de equipo e sospeitas de dopaxe. Nesa edición Contador gañara ademais unha das tiradas pirenaicas, e soubo despois resistir a vantaxe na contra o reloxo da antepenúltima tirada. Incluso despois de vencer no Tour, excluíuselle doutra proba ciclista en Alemaña, o Gran Premio de Hamburgo, por estar relacionado coa Operación Puerto.

Debido á súa fichaxe polo equipo kazako Astana non puido participar no Tour de 2008, xa que este equipo fora vetado pola organización despois do positivo de Aleksandr Vinokourov o ano anterior.

Tamén en 2008 recibiu a Real Orde do Mérito Deportivo española.

Nese mesmo ano gañou o Giro de Italia e a Volta a España, ademais de participar nos Xogos Olímpicos de Pekín e no Mundial de Varese.

A seguinte tempada comezou con vitorias na Volta ao Algarve e na Euskal Herriko Itzulia e rematou gañando o seu segundo Tour por diante de Andy Schleck e Lance Armstrong, 3º posto que lle sería retirado ao estadounidense en 2012 pola UCI xunto a todos os seus títulos dende 1998 despois dunha investigación da Axencia Antidopaxe de Estados Unidos (USADA) que revelou anos de dopaxe continuada e reiterada. Este posto quedou para o británico Bradley Wiggins.

O ano 2010 tamén estivo cheo de vitorias, entre a que sobresae o que sería o seu 3º Tour de Francia, título que lle sería posteriormente retirado en 2012 despois do coñecido como Caso Contador, no que a Federación Española de Ciclismo e o Tribunal de Arbitraxe Superior (TAS, polas súas siglas en francés) investigaron un positivo por dopaxe do ciclista. Xunto a ese título tamén se lle retiraron o seu 2º Giro, que gañou en 2011, e outras vitorias en probas menores e etapas, ademais de unha multa de 2 485 000 € imposta pola UCI, para a que finalmente chegou a un "acordo amigábel" para o seu pago.

Despois de cumprir a sanción de dous anos sen participar en probas oficiais (do 25 de xaneiro de 2011 ao 6 de agosto de 2012) volveu á competición nas filas do equipo ruso Team Saxo Bank-Tinkoff Bank, co que gañaría a súa 2ª Volta a España. E, en setembro do mesmo ano gañaría a súa primeira Clásica, a Milán - Turín.

O 2013 foi un ano irregular, no que quedou cuarto no Tour. No seguinte ano, a lesión no Tour, unha fisura da superficie superior da tibia por unha caída, non impediu a súa participación na que foi a súa 3ª vitoria na Volta.

2015 foi o ano do seu 2º Giro, igualando así a Miguel Induráin en roldas italianas e grandes voltas gañadas. No Tour quedou no 5º posto. Ao finalizar a proba francesa anuncio a súa retirada para o remate da tempada. Tiña 33 anos e o seu equipo, o Tinkoff, ía desaparecer. Pero non foi así, Contador seguiu correndo no máximo nivel ata o 10 de setembro de 2017, data na que rematou 5º na Volta a España, despois de vencer o día anterior na etapa que finalizaba no pico asturiano de L'Angliru.

Resultados nas Grandes Voltas Carreira200520062007200820092010201120122013201420152016Giro de Italia---1º--Desc.---1º-Tour de Francia31º-1º-1ºDesc.Desc.-4ºAb.5ºAb.Vuelta a España---1º---1º-1º--Mundial Contra o reloxo 24px---Ab.---9º----

Outras vitorias 1 Semana Catalá, en 2005. 2 París-Niza, en 2007 e 2010. 3 Voltas a Castela e León, en 2007, 2008 e 2010. 2 Voltas ó País Vasco, en 2008 e 2009. 1 Campionato de España de Ciclismo contra o reloxo, en 2009. 2 Voltas ó Algarve, en 2009 e 2010. 1 Milán-Turín, en 2012. 1 UCI WorldTour, en 2009.

Véxase tamén Outros artigos

Andy Schleck Cadel Evans Lance Armstrong Ligazóns externas Páxina oficial de Alberto Contador

Categoría:Ciclistas olímpicos de España Categoría:Gañadores do Tour de Francia Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Gañadores da Vuelta a España Categoría:Gañadores do Giro de Italia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1982 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008