Jose Fernando Emilio Olvera Sierra, coñecido como Fher Olvera, nado en Puebla, México, o 8 de decembro de 1959, é o compositor, guitarrista e vocalista da banda de rock mexicana Maná.
Licenciado en Comunicación pola Universidade de UNIVA, os seus inicios musicais remóntanse a cando estudaba primaria, época na que participaba no coro da escola no que cantaba temas de Agustín Lara e Consuelito Velázquez.
Traxectoria musical O xermolo do que hoxe é Maná foi a banda Green Hat formada en 1978, que axiña pasou a chamarse Sombrero Verde (1980). Fher Olvera foi parte desta formación que, malia o nome e as cancións en inglés dun primeiro momento, axiña se identificou coas súas raíces latinas.
En 1986 a banda troca o seu nome polo de Maná. Desde a formación de Green Hat até a actualidade, Fernando Olvera está vencellado a esta banda, que sufriu moitos cambios ao longo dos anos.
Influencias musicais O mesmo Fher Olvera di que desde neno escoitou moito rock, xa que era o xénero do que gustaban as súas irmás máis vellas. Destas primeiras influencias destacan The Beatles e The Doors. Na actualidade confesa ser un grande admirador de Paul McCartney e Sting, aos que desexa imitar no que se refire ao seu estilo
Compromiso social Fernando Olvera é coñecido non só como artista musical, senón tamén polo seu compromiso social. Preocúpanlle os conflitos sociais, o medio ambiente... Neste senso, destaca a súa excelente relación con Bono de U2, quen tamén é coñecido polo seu compromiso social.
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Fher Olvera Letras e acordes de cancións de Fher Olvera
Olvera Categoría:Guitarristas de México Categoría:Cantantes de México Olvera Olvera Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados no estado de Puebla