O cantón de Vaud, oficialmente en francés, Canton de Vaud, é un dos 26 cantóns de Suíza. Divídese en tres distritos e a súa capital e cidade máis poboada é Lausana, seguida por Yverdon-les-Bains e Montreux. A finais do ano 2020, contaba cunha poboación de 814 762 habitantes, converténdoo no terceiro cantón máis poboado do país. Con pouco máis de 3 212 km2, ocupa o cuarto posto en termos de superficie. O francés é a única lingua oficial neste cantón. Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina de estatísticas do cantón de Vaud (demográfica etc)
Categoría:Cantón de Vaud