O 2 de xullo é o 183º día do ano do calendario gregoriano e o 184º nos anos bisestos. Quedan 182 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1578 - Descubrimento da Baía de Baffin, no Canadá, por Martin Frobisher, explorador británico. 1704 - Batalla de Schellenberg na Guerra de Sucesión Española. 1861 - Celébranse na Coruña os I Xogos Florais, concurso poético que acabaría sendo un dos xermes do Rexurdimento literario galego. 1897 - Guglielmo Marconi patenta a radio.

Nacementos miniatura|100px|Ovidio Murguía Castro. miniatura|100px|Harriet Brooks. 419 - Valentiniano III, emperador romano de Occidente. 1714 - Christoph Gluck, compositor alemán (m. 1787). 1724 - Friedrich Gottlieb Klopstock, poeta alemán (m. 1803). 1862 - William Henry Bragg, físico inglés (m. 1941). 1871 - Ovidio Murguía Castro, pintor galego (m. 1900). 1876 - Harriet Brooks, física nuclear canadense (m. 1933) 1877 - Hermann Hesse, escritor suízo. 1895 - Luís Iglesias Iglesias, científico galego (m. 1977). 1901 - Álvaro das Casas, escritor e dramaturgo (m. 1950). 1906 - Hans Bethe, físico alemán. 1925 - Patrice Lumumba, líder anti-colonial e primeiro ministro da República Democrática do Congo (m. 1961). 1930 - Carlos Saúl Menem, expresidente da Arxentina. 1942 - Vicente Fox, expresidente de México. 1952 - Ahmed Ouyahia, ex-primeiro ministro de Alxeria. 1962 - Nieves Álvarez Costa, atleta paralímpica española, medalla de prata en Atlanta 1996. 1967 - Gema Hassen-Bey, medallista paralímpica española e activista LGTBI 1989 - Marina Bravo, xogadora de rugby e olímpica española

Mortes miniatura|100px|Sophia de Mello Breyner. 1566 - Nostradamus, visionario. 1778 - Jean-Jacques Rousseau, filósofo e teórico político suízo (n. 1712). 1915 - Porfirio Díaz, militar e político mexicano (n. 1830). 1937 - Amelia Earhart, aviadora estadounidense (n. 1897). 1949 - Georgi Dimitrov, político búlgaro (n. 1882). 1961 - Francisco Asorey, escultor galego. 1961 - Ernest Hemingway, escritor estadounidense. 1977 - Vladimir Nabokov, escritor estadounidense de orixe rusa. 1989 - Andrei Gromiko, político e diplomático soviético (n. 1909). 1992 - Camarón de la Isla, cantaor flamenco andaluz (n. 1950). 1999 - Mario Puzo, escritor e guionista estadounidense (n. 1920). 2004 - Sophia de Mello Breyner, poetisa portuguesa (n. 1919).

Festas e celebracións Día Mundial dos Ovnis.

Outros Santoral: San Bernardino Realino.

Os 366 días do ano

Notas

02