O termo Corno pode designa-los seguintes conceptos:

Corno, apéndice duro con ou sen base ósea, par, que teñen certos mamíferos na cabeza. Por extensión aplícase tamén ós cornos dos rinocerontes e ós apéndices de certos insectos, así como a certos obxectos feitos con aqueles ou que teñan forma de corno; Corno, denominación común de certos gasterópodos mariños de cuncha helicoidal e apuntada. Por extensión, bucina feita cunha destas cunchas de maior tamaño; Corno, instrumento musical de vento de forma curva. Tamén, outros instrumentos musicais, coma o corno inglés; Aro, unha planta coa flor en forma de corno; Corno de Gabriel ou Trompeta de Torricelli, unha figura cunha superficie infinita e un volume finito.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Cornoces, parroquia do concello de Amoeiro; Cornoces, lugar de dita parroquia; O Corno, lugar da parroquia de Lousada, no concello de Xermade; Corno de Boi, lugar da parroquia de Merlán, no concello de Palas de Rei; Corno do Boi, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol; O Corno de Insua, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira; O Cornocelo, lugar da parroquia do Aparral, no concello das Pontes de García Rodríguez.

Fóra de Galiza

En Somalia Corno de África, península do leste do continente africano na que se atopa Somalia.

Monte de Galiza Alto do Corno, monte da serra do Farelo, entre Taboada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

Serra de Galiza Corno de Boi, serra entre os concellos de Friol, Toques e Sobrado.

Véxase tamén Outros artigos