Granxeiro último modelo (o título orixinal en inglés é Green Acres) é unha serie norteamericana de humor producida entre 1965 e 1971. Consta de 170 episodios, e foi emitida dobrada na TVG.
Trama Narra as vivencias dun matrimonio de cidade, un avogado e a súa dona (ela moi acostumada ás comodidades da urbe), o marido de sempre tivera a idea de ir vivir ao campo pero nunca dera o paso ata que un día decide mercar unha granxa que está á venda.
Deciden deixalo todo e trasladárense ao campo, no medio de animais e tractores; mais aínda que lles custa acostumarse á súa nova vida, pouco a pouco rematarán por afacerse.
Ficha da serie Actores: Eddie Albert, Eva Gabor, Pat Buttram, Eleanor Audley e Tommy Lester. Director: Ralph Levy. Guionistas: Gary Abrams e Dan Beaumont. Xénero: Comedia "rural".
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1965 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1971 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión da CBS