Os tetrápodos (Tetrapoda) (do grego τετραπόδηs tetrӑpódēs, latinizado tetrapoda, "de catro pés, ou de catro patas") son unha superclase de animais vertebrados con catro extremidades empregadas no desprazamento ou a manipulación. Dado que os anfibios, réptiles, mamíferos e aves son tetrápodos (incluíndo as píntegas ápodas e serpentes, por cuestións taxonómicas), o termo é especialmente útil para describir os membros máis primitivos do grupo, que irradiaron dende os sarcopterixios (peixes de "aletas lobuladas") aos primeiros anfibios do período devoniano.
Clasificación Taxonomía O seguinte é un esquema taxonómico parcial:
Filo Chordata Clase Sarcopterygii Subclase Tetrapodomorpha Eusthenopteron Panderichthys Tiktaalik Superclase Tetrapoda Familia Elginerpetontidae Familia Acanthostegidae Familia Ichthyostegidae Familia Whatcheeriidae Familia Crassigyrinidae Familia Loxommatidae Familia Colosteidae Clase Amphibia - Anfibios Subclase Lepospondyli Subclase Temnospondyli Subclase Lissamphibia - Ras e píntegas Superorde Reptiliomorpha' Amniota Clase Sauropsida - Réptiles Clase Aves - Aves Clase Synapsida - Mamíferos con características de réptiles Clase Mammalia - Mamíferos
Evolución miniatura|center|600px|Evolución dos tertrápodos. A especialización evolutiva dos vertebrados no Devoniano superior levou a peixes sarcopterixios como Panderichthys a teren descendentes como Eusthenopteron, que podía respirar aire e vivía en pantanos superficiais; a Tiktaalik, cuxas aletas similares a patas podían levalo ocasionalmente a terra firme, e que precedeu aos primeiros anfibios tetrápodos, como Acanthostega, cuxos pés tiñan oito dedos; e Ichthyostega, que desenvolveu membros fortes que lle permitiron deambular por terra. Os sarcopterixios, peixes de aletas lobuladas, evolucionaron cara a formas actuais como o fósil vivente celacanto.
Véxase tamén Bibliografía
Laurin, M. & Anderson, J. S. (2004) Meaning of the name Tetrapoda in the scientific literature: An exchange. Syst. Biol. 53:68–80.
Outros artigos Gnatóstomos Vertebrados
Ligazóns externas UCMP Taxonomy page How did fish grow legs? Human Ears Evolved from Ancient Fish Gills Sinostegia discovery reported in National Geographic Devonian Times - Tetrapod Trackways Abstract of Jennifer A. Clack, "An early tetrapod from 'Romer's Gap'" en Nature'', xullo de 2002.
Categoría:Vertebrados Categoría:Fósiles