Xosé Luís González Sende, nado en Padrón o 21 de xuño de 1972, é un filólogo, escritor, regueifeiro e profesor galego, máis coñecido como Séchu Sende.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, é profesor de lingua e literatura, no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. Iniciouse como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90 e máis tarde revelouse tamén como un dos narradores de principios do século XXI. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal, no que publica o seu primeiro libro, Odiseas, en 1998. Como sociolingüista, foi cofundador da Cooperativa Tagen Ata, Lingua e Comunicación. Algúns dos seus textos foron traducidos ao ruso, checo, croata, bretón, sardo, catalán ou asturiano.
Ten traballado en publicidade social e, neste campo, entre as súas creacións está a campaña para a Universidade de Vigo "Busco amante galego-falante", lema que popularizou nun tema rock o grupo musical Sacha na Horta. No ámbito da multimedia, tamén formou parte do "Colectivo Sintrom" de música experimental, cos músicos Serxio Landrove, Helga Blanco e Xalo Gayoso. Un dos seus versos, "Eu nunca serei yo", foi transformado en tema punk polo cantautor O Leo i Arremecághona! En 2016, o grupo Caxade publicou "E isto é o amor", un CD que leva o título dun poema de Séchu Sende que tamén musicaron. Tamén en 2016, o grupo "Linho do Cuco" inspirouse nun relato seu do libro "A República das Palavras" para titular o seu CD "Viva Viva". En 2017, nun proxecto de apoio á Escola de Ensino Galego Semente, Guadi Galego musicou unha letra de Séchu Sende, "Luzia e o morcego".
Séchu Sende tamén é o creador do primeiro xogo de rol en galego, publicado polo Concello de Santiago e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, como actividade de dinamización do Correlingua, en 2002.
En 2008 participou, en Barcelona, no final do proceso de paz entre os colectivos Latin Kings e Ñeta, nun obradoiro de narracións persoais cos líderes das organizacións, xunto ao poeta Celso Fernández Sanmartín. O proxecto recolleuse no libro colectivo Unidos por el Flow.
Tamén é domador de pulgas no Circo de Pulgas Carruselo, máis coñecido como Galiza Pulgas Circus.
Nos últimos tempos estivo ligado de forma moi importante ás plataformas Nunca Máis e Burla Negra.
Obras 200px|dereita|miniatura| no 2009 Poesía Odiseas. Libro de aventuras (1998). A.c. Amaía, colección Letras de cal. Animais (2010). Santiago de Compostela: Através Editora. 76 páxs. ISBN 978-84-87305-38-2. Un conxunto de textos e deseños que forman un himno á vida natural e unha denuncia do progreso mal entendido, desde múltiples rexistros, desde a ironía e o humor até o surrealismo Os cavalos estám a viver as nossas vidas (2011). Amastra-N-Gallar. Passa-montanhas (2024). Santiago: Chan da Pólvora, Areal de Melide. ISBN 9788412874167.
Narrativa Orixe (2004). Vigo: Galaxia. 172 páxs. ISBN 978-84-8288-695-4. Unha historia de historias na que liberdade e conciencia social se reivindican como valores fundamentais dos seres humanos. Made in Galiza (2007). Vigo: Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-7154-091-1 (11ª reimpresión, 2017). Traducido ao kurdo como Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim (Nin en soños vou perder a miña lingua), na editorial Avesta. Tamén está traducido ao turco, pola mesma editorial; ao éuscaro, pola editora Txalaparta; e ao catalán, co título La venedora de paraules, por RBA (La Magrana. ISBN 978-84-8264-726-5.) O caçador de bruxas (2011). Santiago de Compostela: Edicións do Trece. 96 páxs. Colección O Lapis do Taberneiro. A novela relata o encontro do narrador cun um afiador emigrado nos Estados Unidos e precipitado pela historia e a casualidade no medio da caza de bruxas emprendida polo senador MacCarthy contra a industria do cinema dos anos 40 e 50. A República das Palavras (2015). Santiago de Compostela: Através. 164 páxs.. ISBN 978-84-87305-91-7. Conxunto de relatos.
Viaxes
Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas (2012). Ed. de autor. 120 páxs. ISBN 978-84-616-2384-6. É un libro de viaxes ilustrado polo autor onde se narra unha aventura autobiográfica no Curdistán norte, no estado turco, cunha aproximación ás emocións e ás experiencias do pobo kurdo e ao seu conflito sociolingüístico.
Ensaio
O povo improvisador. Aventuras sobre regueifa e poesia oral (2022). Santiago de Compostela: Através. 176 páxs. ISBN 978-84-16545-68-1.
Libros ilustrados Os sonhos de Maré (2013) Issuu en liña. Un libro ilustrado a partir do poema "Falarás a nossa língua", un canto vitalista a prol da lingua galega na infancia Canguru (2013). Issuu en liña. Un libro infantil sobre a igualdade de xénero. Os tesouros de Baronha (2013). Issuu en liña. Unha especie de libro de viaxe ao castro de Baroña. Duas noites na casa das bruxas (2013). Issuu en liña. Un skechbook sobre o Courel e os seus valores naturais. A doninha e o taxidermista (2015). Sacauntos: Diário Liberdade, Fundaçom Artábria e Semente. 60 páxs. ISBN 978-8416121397.
Obras colectivas XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom (2011). S. C. D. Condado. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011). A Nave das Ideas.
Pelos na lingua (2012). Xunto con Artur Trillo, María Ordóñez e Avelino González. Representado por Talía Teatro.
Lingua, sexo e rock´n roll (2012). Editorial Rastalavras, Clube da Lingua do IES Marco do Camballón e Festival Cruceiro Rock. Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia. O Dia da Toalha na Galiza (2014). Através. A Voz dos Mundos (2016). Através.
Curtametraxes sobre textos seus
As mazás casamenteiras (2012). Na oficina de obxectos perdidos. Té.
Premios Premio Blanco Amor 2003, por Orixe. Premio Ánxel Casal 2007 ao mellor libro do ano por Made in Galiza. Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim(Nin en soños vou perder a miña lingua) foi elixido como mellor libro publicado en kurdo no 2010. Premio María Casares 2012 ao mellor texto por Pelos na Lingua. Premio Max 2012 ao mellor texto en lingua galega por Pelos na Lingua. Premio María Casares 2022 ao mellor texto por A parábola do angazo, da compañía Talía Teatro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Séchu Sende Entrevista a Séchu Sende Entrevista Nós Diario, 2021 Falarás a Nossa Língua (Os Sonhos de Maré) no proxecto Agalinhas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria