O Teatro Bolshoi (Большо́й теа́тр, , en galego pronunciaríase coma balxoi) é tanto un teatro como unha Compañía de teatro, danza e ópera con sede en Moscova, Rusia, e unha unidade adicional en Joinville, Brasil. A palabra Bolshoy significa "grande" en ruso.

A compañía foi fundada en 1776 por Peter Urussov e Michael Maddox. Despois de tres anos de se presentar nun recinto privado, adquiriu o teatro Petrovsky, onde durou ata o incendio que destruíu o edificio en 1805.

O edificio que actualmente funciona como sede foi construído en 1825 sobre os restos do teatro Petrovsky, deseñado polo arquitecto Ossip Ivanovitch Bovet. Este teatro é, despois do Scala, o maior teatro de Europa.

Nun principio, o Teatro Bolshoy era un foro exclusivo para a arte rusa; as óperas presentadas servían como contrapeso á forte influencia italiana do século XIX. Entre os compositores predilectos estaba Mikhail Glinka. Actualmente, toda tempada teatral comeza cunha ópera de Glinka.miniatura|centro Véxase tamén

Categoría:Teatros de Rusia Categoría:Teatros de ópera Categoría:Arquitectura en Moscova