Urso ou Orso (morto en 892) sucedeu ao seu pai, Aiulfo II, como Príncipe de Benevento en 890 ou 891. Traxectoria Urso non mantivo o posto moito tempo. Foi capturado despois da captura de Benevento polo strategos bizantino de Calabria, Sibbaticio. Benevento converteuse, se ben por pouco tempo, na capital do thema de Langobardia. O seu epitafio di:

Ursus . . . splendida progenies . . . hunc genuit princeps Bardorum stemmate clarus Radelchis.

Categoría:Longobardos Categoría:Duques de Benevento Categoría:Finados en 892