A labialización é un cambio fonético asimilatorio ou disimilatorio polo cal un fonema ou son despraza o seu punto de articulación ata a rexión labial.
Exemplos No galego popular a labialización dáse en casos como *lovar (levar), *somana (semana), *formento (fermento), *romedio (remedio). No español popular a velarización é unha tendencia disimilatoria que afecta ás consoantes velares ante vogal labial: aguja > abuja, aguzado > abuzado (México). Nas linguas uto-aztecas a consoante labio-velar kw do proto-utoazteca (PÚA) labializa frecuentemente: Glosa proto-UA Mayo Papago Náhuatl 'comer' *kwa'-(e)a bwa'ye kou'a k<sup>w</sup>a 'aguia' *kwa-hu- ba´ag kwa-w- 'nome' *tekwa tewa to-ka Como se pode ver, o mayo labializa sempre, o papago só en certos contextos e o náhuatl non labializa nunca.
Categoría:Fonética