O 24 de xullo é o 205º día do ano do calendario gregoriano e o 206º nos anos bisestos. Quedan 160 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|Imaxe do accidente de Angrois tomada desde a autoestrada. 1525 - Sae da Coruña a nave San Lesmes na procura de terras ignoradas para os europeos no océano Pacífico. 1858 - Inauguración da Exposición Rexional Galega en Santiago de Compostela, primeira do seu xénero en Galicia. 1911 - Descubrimento de Machu Picchu, no Perú, por Hiram Bingham. 1924 - Avelino Cachafeiro é escollido como o mellor gaiteiro de Galiza en Santiago de Compostela. 1975 - Samora Machel, presidente de Mozambique, decreta as nacionalizacións da saúde, educación e xustiza. 1985 - A TVG comeza a súa emisión, cos actos do Día do Apóstolo en Santiago de Compostela. 2010 - Pecha Vieiros, primeiro xornal dixital de Galiza, após quince anos de existencia. 2013 - O accidente de Angrois, en Santiago de Compostela, provoca 79 mortos.
Nacementos miniatura|100px|Alexandre Dumas. miniatura|100px|Jennifer Lopez. miniatura|100px|Bindi Irwin. 1783 - Simón Bolívar, líder político suramericano (m. 1830). 1802 - Alexandre Dumas, escritor francés (m. 1870). 1857 - Henrik Pontoppidan, novelista dinamarqués (m. 1943). 1860 - Alfons Mucha, pintor e artista decorativo checo (m. 1939). 1864 - Eladio Rodríguez González, lexicógrafo e escritor galego (m. 1949). 1870 - Alphonsus de Guimaraens, escritor brasileiro (m. 1921). 1875 - Manuel Gómez Román, arquitecto galego (m. 1964). 1879 - Xoán Bautista Andrade, escritor galego (m. 1930). 1897 - Amelia Earhart, aviadora estadounidense (m. 1937). 1925 - Ignacio Aldecoa, escritor en lingua castelá (m. 1969). 1943 - Isidro Silveira Cameselle, empresario galego. 1966 - Xoán Carlos Domínguez Alberte, escritor galego. 1969 - Jennifer Lopez, cantante e actriz estadounidense. 1982 - Anna Paquin, actriz neozelandesa. 1998 - Bindi Irwin, actriz e cantante australiana-estadounidense.
Mortes 1928 - Julián Estévez, agrarista e político galego (n. 1855). 1935 - Ángel García Valerio, avogado e político galego (n. 1850). 1936 - Juan Prieto Balsa, sindicalista e político galego (n. 1903). 1936 - Onésimo Redondo, dirixente nacionalsindicalista español, fundador das JONS (n. 1905). 1937 - José Sabucedo Morales, avogado e político galego (n. 1881). 1941 - Stephen Savage, lexicógrafo neozelandés (n. 1875). 1967 - Lois Peña Novo, político e escritor galego (n. 1893). 1967 - Raquel Lesteiro López, arquiveira e hispanista galega (n. 1902). 1969 - Witold Gombrowicz, escritor polaco (n. 1904). 1974 - James Chadwick, físico inglés (n. 1891). 1980 - Peter Sellers, actor británico (n. 1925). 1985 - Santiago Montero Díaz, profesor e ideólogo galego (n. 1911). 1987 - Luís Cortiñas Díaz, avogado e político galego (n. 1900). 1993 - Jacinto Calvo López, político socialista galego (n. 1903). 2018 - Víctor Campio Pereira, escritor galego (n. 1928).
Festas e celebracións • Festa da Dorna (Ribeira)
Outros
Os 366 días do ano
Categoría:Xullo