Rubén Ruibal Armesto, nado en Ribadeo en 1970, é un actor e autor teatral galego.
Traxectoria Formouse xunto ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño co que colaborou na compañía Teatro do Aquí en obras como A ópera de a patacón (1994) ou Rastros (1998). No ano 2000 crea, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que leva ás táboas as súas primeiras obras Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003).
Tras a morte de Vidal Bolaño en 2002, e o feche de Teatro do Aquí, cesa a súa actividade teatral sobre as táboas e céntrase en escribir. Traffic: arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005) foron representadas por Patatín & Patatán Superproductions.
A obra Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) foi levada no 2010 aos escenarios por Espello Cóncavo, baixo a dirección de Arturo López, e o seu texto recibiu tamén o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2011. Está prevista a adaptación cinematográfica da obra.
Actualmente é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.
Obra literaria Teatro Limpeza de sangue, 2006, Xerais. Fume, con Carlos Losada, e Insomnio, 2008, Estaleiro. Delimvois, 2009, Xerais. ¿Onde andas, Karl? ou Highgate Cemetery Very Saddest Circus (Tristérrimo Circo do Cemiterio de Highgate), 2009, Edicións Embora.
Obras colectivas III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, 2009, Xerais. Estigma, 2009, Laiovento. Con Jacobo Paz e Vanesa Sotelo. A néboa amarela (Black Diamond Bay), 2010, Biblos Clube. Con César Candelas. Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
Premios Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais en 2005, por Limpeza de sangue. Premio Nacional de Literatura Dramática en 2007, por Limpeza de sangue. Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega no 2008, por Peter Buckley, un firme traballador da derrota. Con César Candelas. Premio de Teatro da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2010, por Delimvois.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais
Notas
Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Actores de Ribadeo Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Premios María Casares Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en 1970