Sari (en mazandaraní e persa, ساری — transliterado Sâri) é a capital da provincia de Mazandarán, situada no norte de Irán, entre as ladeiras setentrionais dos montes Elburz e a costa meridional do mar Caspio. A súa poboación está calculada en 261.293 habitantes en 2006, sendo a maior cidade da provincia. Sarí é un dos principais lugares de lecer e deportes de Irán.
A cidade foi fundada durante o período dos sasánidas. O seu nome procede de Sarouyeh, fillo de Farján, o Grande, rei de Tabaristán. O 21 de marzo de 1782, Aga Muhammad Kan proclamou Sarí como a súa capital imperial
Localización Sarí limita ao norte co mar de Mazandarán; ao nordeste con Neka, ao suroeste con Qa'emshahr (anteriormente coñecida como Shahi), ao noroeste con Juybar, e con Kiyasar, Shahmirzad e Semnán ao sur. thumb|center|500px|Mapa que amosa o condado de Sari, así como a cidade de Sari, dentro da provincia de Mazandarán.
Economía 180px|miniatura|Torre do Reloxo, en Sarí. A economía de Sarí está baseada na produción alimenticia, con produtos como arroz, iogur, doogh (unha bebida de iogur), carne en conserva, aceite de sementes, e a exportación de froitas, especialmente laranxas e limóns.
Algunhas industrias de Sarí, como o algodón e a industria do papel e empresas de electrónica, son famosas en Oriente Medio.
Os prezos dos inmobles varían moito, o que permite a accesibilidade á vivenda, dependendo das zonas. Os prezos do metro cadrado nas vivendas poden chegar a ser 50 veces maior no centro que nos suburbios.
Os visitantes que acoden á cidade visitan a Torre do Reloxo, na Praza do Reloxo (Meydan-e-Sa'at) situada no centro de Sarí, que se converteu no seu máis famosa referencia. Sarí contén tamén as tumbas dos líderes musulmáns Yahya e Zayn Al-Abedin, Emamzade-ye Abbas e Shazdeh Hussein do século XV.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aga Muhammad Kan Ligazóns externas Sari na Encyclopedia Britannica
Categoría:Cidades de Irán